O Alumnado de 5º visita o Zoo de Marcelle.
O luns 25 de maio, aproximadamente ás 8:30 da mañán, saíron de Ribeira camiño a Outeiro de Rei (Lugo) tódolos alumnos/as de 5º de primaria do CEIP O Grupo.
A viaxe levounos unhas 2 horas, a verdade é que o día non acompañou moito, ao chegar déronnos a benvida uns monitores moi amables que nos guiaron a facer un percorrido polo parque de Marcelle.
Nesta instalación, visitada por escolares e familias de diferentes lugares de Galiza, podemos atopar animais ben diferentes: leopardos, avestruces, cabras, cervos, coellos, linces, bisontes... quedamos moi satisfeitos/as. Os monitores iannos contando as peculiaridades de cada zona e dos animais que iamos vendo.
Ao final regresamos tras dúas horas de viaxe aló polas 7:00 da tarde. Pagou a pena a visita.
Alumn@ de 5º