ENFOQUE CONSTRUCTIVISTA
O Equipo de Educación Infantil do C.E.I.P. "O Grupo" traballamos partindo dun enfoque constructivista, que non ten nada que ver cos métodos tradicionais ós que estamos acostumados, e baseándonos nos seguintes principios metodolóxicos:
- Partir das ideas previas dos nenos/as para construír os novos coñecementos.
- Que a aprendizaxe sexa significativa, e dicir, que poidan establecer relacións entre as experiencias previas e o que se lles presenta como novo.
- Que os novos coñecementos que presentamos ós nenos/as lles cheguen de xeito globalizado (a través da distintas áreas) e partinfo da experiencia real e directa do neno co seu medio.
- Tendo en conta as características individuais de cada neno (individualización) e, ó mesmo xeito, realizando actividades que favorezan a súa inserción positiva no grupo e na sociedade (socialización).
- Creando un clima de confianza e respecto, que proporcione seguridade e equilibrio no noso alumnado, sen esquecer un ambiente motivador, funcional e cálido.