CONTIDOS

Ó longo do curso e coincidindo cas estacións ou diferentes celebracións os contidos a tratar serán os seguintes:

- O Outono ( Samaín e Magosto)

- O Nadal (O inverno)

- O día da Paz

- O Entroido

- A primavera (O día da Árbore)

- O Día do Libro

- As Letras Galegas

Cada curso,  ademáis destes contidos, traballamos un proxecto que teña un carácter motivador para os nenos/as presentando a través de  diferentes actividades, ambientación das aulas e do centro, todo aquelo que teña que ver co tema elixido.

Deste xeito os alumnos/as traballan dun xeito máis motivador e dinámico os contidos relacionados ca lecto-escritura :

- Descubrimento dalgúns usos funcionais da lingua escrita.

- Recoñecemento de palabras ou textos.

- Familiarización cos seguintes xéneros textuais: nome  propio do neno e das persoas máis cercanas, contos, etiquetas de productos, rótulos, carteis,...etc

- Lectura e manipulación de modelos de textos.

- Producción guiada ou aberta de textos.

E por outro lado, algúns dos contidos que se tratan relacionados coa lóxica-matemática serán os seguintes:

- Números e operacións

- Cuantificadores

- Figuras xeométricas

- Orientación e representación espacial

- Razoamento lóxico

A través de tódolos traballos por proxectos traballaranse ademáis os distintos temas transversais:

- Educación para a Paz

- Educación para a Saúde

- Educación Ambiental

- Educación Vial

- Educación do Consumidor,...