PROXECTO 2008- 2009: "AS BRUXAS"

Cada curso o Equipo de Educación Infantil traballamos un proxecto que pretendemos sexa o nexo de unión de tódalas aprendizaxes dos nosos alumnos/as. Éste terá un carácter motivador para os nenos/as e levarase a cabo ó longo de todo o curso.

Neste curso 2008-2009 traballamos o Proxecto das Bruxas e algunhas das actividades feitas foron as seguintes:

- Cada aula elixíu unha bruxa como mascota e púxolle nome, decorando coa mesma a porta da súa aula.

- Os nenos/as trouxeron libros de bruxas ó cole para ter máis información sobre o tema.

- Fixemos murais  nas aulas sobre os distintos tipos de bruxas, os obxectos máxicos, a súa roupa, os conxuros e feitizos, os amigos das bruxas, o que comen e os seus costumes,...etc.

- Fixeron bruxas con culleres de pao e adornámolo pasillo con elas.

- Tamén decoramos o cole con murais  cheos de bruxiñas (os nosos alumnos/as) e unha cociña de bruxa con ingredientes para cociñar un pouco noxentos.

- Algunha bruxa despistada esqueceu a vasoira e o o gorro nalgunha clase, pero ás veces tamén nos deixou agasallos (como o libro das letras, contos, etc.)

- No Antroido disfrazámonos de bruxas e outras cousas relacionadas con elas (morcegos, rás, magos,...).

- Inventamos unha canción "Bruxas a mogollón" e bailámola no Antroido.

- Fíxose un concurso de conxuros e cando Leotodiño feito mago recitou un deles (o gañador) apareceron "libruros" na  árbore máxica da biblioteca.

- Fixemos os nosos propios libros de bruxas ( cas que máis nos gustaron ó longo do curso ou o libro viaxeiro cas aventuras da nosa bruxa favorita).

- Visitáronnos as bruxas Mimi e Bruxilda e contáronnos un conto.

- Fixemos o xogo "Adiviña que bruxa son" onde os nenos foron polas aulas en busca dunha bruxa que lles deixou pistas para atopar un agasallo.

- Fixemos unha festa con comida terrorífica: vasoiras de bruxa  (con palitos de galleta e tiras de xamón), ollos de rá (aceitunas recheas), pantasmas (de merengue), cadaleitos (de sandwich),...

 

 

-