FESTA FIN DE CURSO DO CEIP O GRUPO 60 ANIVERSARIO

 

O tempo do verán achégase e o tempo de rematar o curso tamén. Acabemos estes días lectivos cunha festa e cun sorriso na cara.

O venres 19 de xuño aistiremos á representacón da obra "O grande tesouro Mariño" para a que se montou un escenario no patio de Infantil. Esta obra foi escrita e dirixida polo equipo de 1º ciclo de primaria e conta coa participación das nais da sempre participativa AMPA. Celebraranse diversos pases da obra para que poidan asistir tódolos cursos.

O venres ás 12:00 celebrarase no patio de primaria un partido de Brilé entre mestres e mestras.

Ás 15:00 celebraremos a comida de fin de curso no restaurante "A Fábrica de Coroso".

Para o Luns 22 de xuño unha MEGAFESTA con Hinchables, obradoiros de maquillaxe, comida terrorífica, globoflexia, Karaoke, Decoración de froitas e comidas. Espectáculo do Mago Romarís. Actuacións simultáneas mentres se desenvolven os obradoiros de Bailes galegos, Salsa...