O Magosto 2009-10: A Festa da Castaña
A semana do 16 ao 19 de Outubro celebrouse no noso centro unha nova edición da tradicional Festa da Castaña.
Co gallo desta festa o Equipo de Extraescolares, Normalización, Novas tecnoloxías, Biblioteca, Medioambiente e os ciclos crearon o seguinte programa de actividades:
-
Exposición de Froitos de Outono: solicitarase a axuda dos pais e nais do alumnado para traer unha mostra dos produtos do outono, tódalas froitas e froitos secos. Argallarase unha pequena exposición para que os que o desexen poidan coñecer e máis tarde probar estes produtos.
-
Libro do Magosto: A biblioteca ofrecenos a ocasión para sermos todos nós autores dunha obra en papel. Cada aula seguindo as indicacións dos titores, elaborará unha folla do libro do Magosto: Nesa folla poderedes debuxar, escribir refráns, ditos, adiviñas ou calquera outra cousa relacionada co Magosto e o Outono.
-
Magosto Tradicional: Seica coma tódolos anos o cole contratou os servicios dun castañeiro profesional que coa súa experiencia preparará castañas para unha 500 persoas arriba ou abaixo.
-
Circuíto de Xogos Populares: e antes de comer as castañas a queimar calorías xogando como o facían os nosos avós e avoas, que daquela non tiñan tanta videoconsola nin tanta televisión. Os mestres de Educación Física sacarán do baúl dos recordos: a ra, os peóns, a chave da Coruña, os zancos, os birlos e tantos outros xogos divertidos.
Clica aquí para ver a galería de imaxes do Magosto 09
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Cartaz Magosto CEIP O GRUPO 2009.pdf | 969.34 KB |
Triptico Magoso CEIP O Grupo CEFORE 09.pdf | 1.78 MB |
»