Escolares de Infantil Visitan aos tiburóns Gastón e Fermosa no Acuarium Finisterrae

O Martes 2 de Marzo de 2010 a maioría do alumnado de Infantil (alumnado de 3 anos, 4 anos, 5 anos) acompañados dos titores, profes de apoio e profes de reforzo para a saída fomos de visita didáctica ao acuarium Finisterrae da cidade Herculina.

Saímos do cole ao redor das 9:30 da mañanciña e tardamos case dúas horas en chegar sen percance ningún salvo algún que outro amareiño,a verdade e que a viaxe pasou nun suspiro entre cancións e risas.

Ao chegarmos cada nivel foi recibido por unha guía que nos explicaba cousas de cada recanto do acuarium. O primeiro de todo foi a visita das focas, que por certo, teñen nomes galegos. Despois fomos á sala do Nautilus,o famoso submarino da obra de Xulio Verne "20.000 leguas de viaxe submarino". Alí coñecemos de primeira man a Gastón e a Fermosa os meirandes tiburóns que vimos endexamais en directo. Tod a atención foi para eles,porque os besugos, as morenas e os outros peixes perderon encanto ao seu carón.

Logo continuamos visitando as diferentes salas, puidemos aloumiñar ás estrelas de mar, ver aun polvo velenoso moi pequerrechiño, cabaliños de mar, etc...

Cando nos demos conta xá era a hora do xantar. A cooomer!!!! e volta para a casiña, cara a Ribeira.

Deixamosvos unha ligazón para que poidades ver as imaxes da saída