CONFERENCIA NO GRUPO SOBRE A CULTURA MARROQUÍ

 

 

O martes 9 de marzo, tivo lugar no CEIP o grupo unha conferencia sobre a cultura marroquí. Para esta conferencia contouse coa colaboración de nais Marroquies que teñen nenos no centro. Cada unha delas explicou como era a cidade na que vivían en Marrocos, a súas festas, gastronomía, economía e aspectos máis saliñables. Ao terminar a conferencia houbo unha degustación de doces e té preparados por elas.

A reunión asistiron numerosos pais e membros do centro, interesados pola cultura desta poboación emigrante.

Esta iniciativa forma parte dunha serie de propostas que teñen como finalidade a integración e boa acollida da poboación inmigrante no noso centro.

 

clica para ver a galería de imaxes.