Actividade Polideportivo Cultural Grupo vs Santa Baia

ACTIVIDADE POLIDEPORTIVO CULTURAL CEIP O GRUPO VS CEIP SANTA BAIA

(Polideportivo Fieiteira, Ribeira)
O Martes 20 de Abril de 2010 o alumnado seleccionado de Primaria (4º B e 6º A) do CEIP O Grupo participaron no encontro polideportivo cultural celebrado nas pistas Polideportivas da Fieiteira.

Alumnado participante: Un aula de segundo ciclo (4º B)  e outra aula de terceiro ciclo (6ºA).
Lugar da proba: Pista Polideportiva Cuberta Fieiteira.
Saida do autobus do centro: ao redor das 09:00h da mañá ( @s alumn@s foron acompañados por responsables do centro).
ACTIVIDADES A REALIZAR: os vinte alumn@s de cada ciclo realizaron un circuíto polideportivo de voleibol, fútbol sala, baloncesto, balonmán.Tódolos alumn@s xogaron a todo e o obxectivo é didáctico, non competitivo.
Hora estimada de volta ao centro: á 1:00 h da tarde.
Cada grupo do ciclo, 20 persoas dividirase en catro equipos de cinco integrantes, a ser posible equilibrados e mixtos. Cada equipo de cinco integrantes levou un peto dunha cor e tivo un número identificativo que debía lembrar para ir rotando no circuíto polideportivo cultural por tódalas estacións.

Equipo de Educación Física.
Ribeira, a 20 de Abril de 2010.