Encontro Polideportivo CEIP O Grupo vs Pilar Maestu Sierra

O Mércores 26 de maio de 2010 o alumnado seleccionado de Primaria (4ºA e 6º B) do CEIP O Grupo participarán no encontro polideportivo cultural nas pistas Polideportivas da Fieiteira.

Alumnado participante: Un aula de segundo ciclo (4º A)  e outra aula de terceiro ciclo (6ºB).
Lugar da proba: Pista Polideportiva Cuberta Fieiteira. “Non temos risco de embarrarnos ou mollarnos”.
Saida do autobus do centro: (Empresa Ferrín) ao redor das 09:25h da mañá ( os atletas irán acompañados por responsables do centro).
ACTIVIDADES A REALIZAR: os vinte deportistas de cada ciclo realizarán un circuíto polideportivo de voleibol, fútbol sala, baloncesto, balonmán.Tódolos atletas xogarán a todo e o obxectivo é didáctico, non competitivo.
Hora estimada de volta ao centro: á 1:00 h da tarde.
Cada grupo do ciclo, 20 persoas dividirase en catro equipos de cinco integrantes, a ser posible equilibrados e mixtos. Cada equipo de cinco integrantes levará un peto dunha cor e terá un número identificativo que deberá lembrar para ir rotando no circuíto polideportivo cultural por tódalas estacións.
Atentamente:
Equipo de Educación Física.