A FESTA DO SAMAÍN 2008-09

O Samaín  

O Samaín é unha antiga festa de orixe céltica, unha das máis importantes do período precristián. Celebrábase a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro.  Conmemoraba o aninovo celta e o comezo do inverno. Máis abaixo podemos atopar un calendario celta coas estacións do ano e os deuses aos que se lles adicaba. Os celtas crían na inmortalidade da alma e nesta data ofrecíase a posibilidade de comunicarse cos espíritos dos parentes defuntos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló. Nesa data prendíanse lumes sagrados, baleirabanse nabos de grande tamaño - posteriormente cabazas- para porlles candeas. Varios séculos despois esta tradición mantense en Galiza.  

  O Halloween

 Os entendidos na materia aseguran que o Halloween poderíase ter exportado aos Estados Unidos polos irlandeses (descendentes de celtas) no século XIX e comezos do XX. De feito, etimoloxicamente a propia palabra Halloween significa o mesmo que Samain. Halloween é a forma moderna inglesa do antigo All-hallow even que significa, para algúns autores, "Véspera de Todo o Sagrado".

A festa do Samaín era a data máis perigosa do seu calendario posto que  mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (ao chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unhas velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nas encrucilladas de camiños, nos arredores e nas murallas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren aos inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración. É curioso como moitos anos despois a igrexa cristianizou estas datas coa celebración do día de defuntos e tódolos santos. 

Ver galeria de imaxes do Samaín