TALLER DE ROSCAS COS ALUMNOS DE 3 ANOS

 

 

No segundo trimestre do curso 2008-09, dentro das actividades planificadas para o Entroido o Equipo de Infantil en 3 anos creou un taller de Roscas.

Traballaron os ingredientes, a receita, a motricidade fina, o non sexismo nas tarefas cotiás e os aspectos culturais do Entroido e da súa gastronomía dunha maneira lúdica.  

Os nenos e nenas de 3 anos pasárono estupendamente coas mans na masa, non era plastilina pero casi, enfariñáronse, fixeron churros de masa, formaron as circunferencias das roscas. Sen dúbida o mellor e máis saboroso foi a degustación da túa propia rosca.

clica para ver a galería de imaxes