VISITA DE 5 ANOS AO TREN DA LINGUA

O 23 de abril o alumnado de 5 anos fixo a súa primeira viaxe no Tren da Lingua (Santiago-Vilagarcía- Santiago).

Fomos ata Santiago en autobús, alí na estación de tren, agardabamnos uns animadores que nos recibiron con moita troula, sobre todo un chistoso que tiña unha man moi grande. Fixeronnos pasar un rato de espera moi animado.

Para a maioría dos rapaces era a primeira viaxe no tren, toda unha experiencia. Durante a viaxe tamén o pasamos moi ben cos animadores. algunha bruxa (Conchita, Mimi, Akura... non sabemos ben, a o pasar polos túneis apagaba as luces dos vagóns, que graciosa!

Ao chegar a estación de Vilagarcía deronnos un aperitivo: zume de piña e unhas galletas, tivemos outra sorpresa, actuación de títeres que como viaxeiros mundiales nos ían ensinando diversas partes do mundo.

A volta fixemola tamén en tren. Ao voltar outro agasallo unha supermochila cun xogo multixogos, parchis, tres en raia...

Mola mola.

clica aqui para ver máis imaxes