XORNADA DEPORTE NA ESCOLA : ATLETISMO E NATACIÓN

 

O próximo día 20 de maio de 2009 acudiremos cunha selección mixta de alumnado de segundo e terceiro ciclo a Boiro para ter unha Xornada de Deporte na Escola, modalidades de Atletismo e Natación.

En Atletismo disputaremos unhas probas individuais: 10x10, saltos laterais a pes xuntos en 30", lanzamento de balón medicinal e lanzamento de dardo "xavalina". e dúas probas colectivas de relevos: relevos sen obstáculos e con obstáculos.

En Natación realizaremos probas individuais de estilos e unha de relevos estilo libre.

O obxectivo non é a mera competitividade, senón coñecer e practicar estes deportes, á vez que convivimos con alumnado dos centros: de Cadreche (Pobra)  e de Cabo de Cruz (Boiro).

Logo da xornada colgaremos na web as imaxes e comentarios do evento.