INICIO SERVIZO DE COMEDOR E PLAN MADRUGA

Inicio Servizo de Comedor escolar e Plan Madruga curso 21-22

Estimadas familias:

A Anpa do CEIP O Grupo poñerá en marcha o luns 13 o comedor e o servizo de madrugadores. O comedor estará xestionado por Golfiño, desenvolverase de 14.00 a 16.00 horas e terá un custe de 6,80 euros por día. Do madruga encargarase Ocio Bross. Tarifas: unha hora con almorzo custará 50 euros; unha hora sen almorzo, 40; dúas horas sen almorzo, 55 e dúas horas con almorzo, 60. As familias que desexen facer uso destes servizos poden anotarse enviando un wasap ao teléfono da Anpa: 693649967