8M 22-23

8M Navegando a prol da igualdade

 cartaz 8M cartaz-Seguimos aquí

Neste día tan importante, quixemos poñer en valor a forza, coraxe  e empuxe que as nosas mulleres do mar tiveron e teñen. Visitáronnos mulleres pioneiras no eido das profesións do mar: unha bateeira, Esther, unhas percebeiras en activo, Sami e Ana ; unhas  pioneiras xa xubiladas: percebeira , Marisa, redeira, Manolita, e  conserveira, Edita, que son unha representación de moitas outras mulleres valentes, e que viñeron falarnos do seu labor e transmitir esa mensaxe de valentía, loita e igualdade ao noso alumnado.

 percebeiras en activo Marisa,Manolita e Edita-8M Bateeira Esther

Fixemos un agasallo para as mulleres das nosas familias, con unha mensaxe de agradecemento e un caravel.

 8M agasallo familias 8M agasallo familias

8M agasallo familias 8M agasallo familias  8M agasallo familias 8M agasallo familias

Logo cantamos todos e todas ao unísono a canción "Tempestades de sal", que coa axuda dos nosos mestres e mestras aprendemos e ensaiamos ao longo destes días.

tempestades de sal vídeo 2223