Proxecto Lingüístico de Centro
PROXECTO LINGÜÍSTICO DO CEIP O GRUPO
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) do CEIP O Grupo leva traballando na mellora da competencia lingüística do noso alumnado na lingua galega.
Segundo o estudio elaborado no noso centro no curso 2007/08 a maioría do noso alumnado é castelán falante e como é sabido o sistema educativo debe conseguir que ao rematar a escolarización obrigatoria dominen tanto de xeito oral como escrito as dúas linguas oficiais de Galicia.
Tendo en conta esta realidade dende o ENDL estamos traballando en actividades dinamizadoras da nosa lingua a través de:
- Organización de festas escolares (magosto, samaín,...).
- Elaboración da revista do centro.
- Organización do Festival das Letras Galegas.
- Contacontos a través de personaxes creados no centro: Grumeta Quilla e Capitán Benito Souto. etc .
Proxecto Lingüístico de Centro by Luis Teira Parada is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PLC-08-09_ogrupo.pdf | 287.41 KB |