INMERSION LINGÜÍSTICA EN CABÁRCENO

 

 

Os rapaces e rapazas do Grupo gañamos unha beca para ir a un campamento de inmersión lingüística en Cabárceno, Cantabria.

Estivemos alí unha semana,dende o 9 de novembro ata o 15 de novembro.Alí tiñamos profes e monitores ingleses que nos ensinaron  a súa lingua nai dun xeito moi divertido: cando xogabamos no patio , cando iamos de excursión,a hora do xantar, do almorzo,cando faciamos traballo de aula ou cando preparamos o noso propio filme.

Foi unha semana estupenda de xogos, diversión, de convivencia e en especial de aprendizaxe da lingua inglesa.

Clica aquí para ver a galería