PROGRAMA DE ADAPTACIÓN PARA NENOS DE 3 ANOS

PRIMEIRA FASE:

Unha vez recollida a información sobre os nenos que van acudir por primeira vez ao colexio, a través das solicitudes de matrícula, e antes do remate do curso anterior (mes de xuño), convocaranse aos pais a unha reunión conxunta, explicativa de todo o proceso. Nesta reunión participarán:

- As mestras de E.I. de 3 anos (se non se sabe aínda quen son, participaría a coordinadora de E.I. e/ou a(s) mestra(s) que imparten actualmente aos nenos de 3 anos, ou no seu defecto, as mestras definitivas que estarán no colexio no vindeiro curso.

-Xefe de Estudios e/ou Director.

- Xefe do Departamento de Orientación.

Os aspectos a tratar nesta reunión serán os seguintes:

- Os obxectivos da Educación Infantil.

- Normas elementais do colexio e o seu funcionamento.

- A xustificación do período de adaptación.

- Hábitos e autonomía dos nenos/as´.

SEGUNDA FASE: 

No mes de Setembro convocarase unha nova reunión conxunta de pais/nais de alumnos de 3 anos na que se explicará o calendario de incorporación dos nenos, así como outros detalles de interese relativos á escolarización dos nenos.

O programa de adaptación propiamente dito comezará despois da mencionada xuntanza colectiva, con entrevistas individuais da profesora cos pais/nais do neno/a, a razón de varias entrevistas diarias, e nas que o neno/a estará presente na aula para unha primeira toma de contacto... Estas entrevistas, que teñen  por finalidade recadar información sobre o alumno e o seu contorno familiar para un maior coñecemento do mesmo, realizaranse nun período aproximado de 4 ou 5 días (se a ratio da aula é de 25 alumnos).

Rematado o período das entrevistas, os nenos comezarán a asistir a clase en quendas :

- A primeira semana serán grupos de 8 ou 9 nenos durante unha hora diaria.

- A segunda semana  asistirán dous grupos de 12 e 13 nenos durante hora e media cada día.

- A seguinte semana asistirán todos os nenos da aula xuntos durante 3 horas.

-E na última semana asistirán todos xuntos durante 4 horas.

Deste xeito, a partires da primeira semana de Outubro os nenos acudirán en horario normal de 5 horas pola mañá coma o resto do alumnado do colexio dando por finalizado o período transitorio de adaptación (horarios e agrupamentos), sempre e cando o proceso se desenrole con normalidade.

Gracias a este período de adaptación os nenos/as iranse integrando paulatinamente no seu grupo-clase, coñecendo á súa mestra e compañeiros e habituándose a un novo espacio e rutinas, evitando que a súa chegada ao cole resulte traumática e sí máis alegre e motivadora.