Información

DIVERSAÚDE

 

Comezamos as actividades relacionadas co plan ALIMÉNTATE BEN, un dos Plan Proxecta no que participaremos dende este curso, cunha DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS DE OUTONO.

 

Que ricos e saborosos estaban! Probamos  mazás, mandarinas, kiwis,  caquis,  uvas,  peras,  granadas, améndoas, noces e abelás.

 

Mirade as nosas cariñas saudables!


 

AXENDA 21: QUE É?

 

AXENDA 21 GALEGA Temos que diferenciar o Grupo de Traballo de medioambiente  co que é e o que  significa a Axenda 21 Escolar.-No  grupo de traballo formámonos e esta formación repercute no centro, tamen oganizamos  actividades referidas ao medioambente.-A axenda21 escolar galega é un proxecto, programa,idea... que ten como participantes a toda a comunidade escolar e está aberto a diferentes  formas de actuaccións. É un  Compromiso por unha educación para a sostibilidade; comprometéndonos a incorporar as nosas accións educativas contidos referentes a :

  • Un consumo responsable, que se axuste aos tres R (reducir, reutilizar e reciclar) e atenda ás demandas do "comercio xusto";
  • A reivindicación e impulso de desenvolvementos científicos favorecedores da sostibilidade, con control social e aplicación sistemática do principio de precaución;
  • Accións sociopolíticas en defensa da solidariedade e a protección do medio, a escala local e planetaria, que contribúen a poñer fin as desequilibrios insostibles e as conflitos asociados, con unha decidida defensa da ampliación e xeneralización dos dereitos humanos ao conxunto da poboación mundial, sen(a non ) discriminacións de ningún tipo (étnicas, de xénero, etc.).
  • A superación, en definitiva, da defensa dos intereses e valores particulares a curto prazo e a comprensión de que a solidariedade e a protección global da diversidade biolóxica e cultural constitúen un requisito imprescindible para unha auténtica solución dos problemas.

O compromiso de multiplicar as iniciativas para implicar ao conxunto dos membros da comunidade escolar con campañas de difusión e concienciación e o compromiso dun seguimento coidadoso das accións realizadas no entorno do centro educativo, dándoas a coñecer para un mellor aproveitamento colectivo.A axenda implica varias etapas e nos estaríamos na primeira que sería a implantación  e creación mediante a transmisión de toda a información posible dunha base para un desenvolvemento desta idea.Evidentemente esta relacionado o Grupo de traballo con esta idea pero tamén o está ou deberíao todo o centro.O Primeiro paso é introducir esta idea no PEC do centro e se podedes, se non a entregastedes, na  vosa  programación, incluso como un anexo.Todo o que dixen sobre o que é Axenda 21 escolar  xa o estamos a facer dalgunha maneira durante a nosa labor  diario nas clases e de diferentes formas como recliclado papel ,apagando luces innecesarias , imprimindo polas dúas caras,fomentando actitudes democrticas´e participativas ...Irei informando de forma oral e de outro tipo o longo do curso.Estou a vosa disposicón para o que precisedes e para facilitar toda a información que precisedes.Grazas por leer esta nota...se a leestes claro.

 

Distribuir contido