Skip to Content

IV SEMANA DA CIENCIA: PRESENTACIÓN DOS PROXECTOS

Venres, 23 de marzo do 2018

Este venres, último día lectivo do segundo trimestre e como colofón á  IV SEMANA DA CIENCIA, tiveron lugar as exposicións orais dos proxectos científicos elaborados polo alumnado (en colaboración coas súas familias).

O nivel foi realmente alto e cada vez resulta máis difícil elixir ós gañadores e ás gañadoras.

Nesta ocasión houbo 20 participacións, 15 na categoría de experimentos  e 5 na de inventos/aparellos mecánicos.

 

Unha vez rematadas as exposicións e feita a deliberación do xurado, os gañadores/as foron:

MELLOR EXPERIMENTO: MATEO A. (5º EP)

MELLOR INVENTO: HÉCTOR (3º EP)

 

  Parabéns a todo o alumnado participante!

 Picade nas fotografías para ver a xornada completa.

Agardámosvos o vindeiro curso na V edición!



paxina | by Dr. Radut