Skip to Content

Novas

Samaín 2023-2024

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

 FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

Neste enlace podedes acceder á solicitude online ata o 21 de xuño do 2023

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

ADMISIÓN

TODAS as solicitudes de admisión presentadas en prazo

ESTÁN ADMITIDAS.

BENVIDOS A TODOS !!

 

As listaxes poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar ou telemáticamente: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

REUNIÓNS FAMILIAS INICIO DE CURSO

Luns 1 de setembro de 2020

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO

2020/2021

Este ano, por mor da situación causada pola pandemia, cremos oportuno adiantar as reunións de inicio de curso coas familias. Para evitar aglomeracións e crear espazos seguros, realizaranse por quendas na parte exterior do colexio.

As datas e horarios son os seguintes:

Xoves 3 de setembro:

  • 4.º Infantil (3 anos)= 10:00 h.
  • 5.º Infantil (4 anos)= 11:15 h.
  • 6.º Infantil (5 anos)= 12:30 h.

Luns 7 de setembro:

  • 1.º Primaria= 10:00 h.
  • 2.º Primaria= 11:15 h.
  • 3.º Primaria= 12:30 h.

Martes 8 de setembro:

  • 4.º Primaria= 10:00 h.
  • 5.º Primaria= 11:15 h.
  • 6.º Primaria= 12:30 h.

Para garantir a seguridade de todos/as, é preciso cumprir as seguintes normas:

  1. Traer posta a mascarilla.
  2. Só poderá asistir 1 dos proxenitores, o pai ou a nai. En ningún caso virá máis de unha persoa por alumno/a.
  3. Non poderán acudir os nenos/as.
  4. Ser puntuais para comezar e rematar no tempo establecido, de xeito que non se mesturen os pais/nais dos diferentes cursos.
  5. Os que xa teñan adquirido e etiquetado todo material co nome do neno/a, traerano o día da reunión. Deixarano na entrada do interior do colexio (conserxería) para que o titor/a proceda a recollelo e levalo á aula. En ningún caso, os pais/nais levarán eles directamente o material ás aulas. Se aínda non mercaran o material, intenten traelo o antes posible, preferiblement antes de que comece o curso e seguindo as mesmas indicacións.

 

ENTREGA DE BOLETÍNS DE NOTAS CURSO 2019/2020

Desde o día 13 ao 16 de xullo de 2020 entregaremos ás familias os boletíns de notas correspondentes á avaliación final do curso 2019/2020.

O horario é o seguinte:

de 10:00 a 13:30 h.

As datas e o horario serán os mesmos para:

  • Recollida vales (axudas libros texto/material).
  • Recollida boletíns de notas.
  • Recollida historial académico (só para 6.º Primaria)

ÚLTIMA PRÓRROGA DA CORENTENA

Venres 5 de xuño de 2020

O Goberno amplía por outros 15 días o período da corentena. Esta última prórroga estenderase ata o domingo 21 de xuño.

5.ª PRÓRROGA DA CORENTENA

Mércores 20 de maio de 2020

O Goberno amplía por outros 15 días o período da corentena. Esta 5.ª prórroga estenderase ata o domingo 7 de xuño.

Reparto libros texto/material

Martes 12 de maio de 2020

IMPORTANTE!!!

Hoxe comeza o reparto de libros de texto e

material escolar polos domicilios de cada familia. Pregamos que estean pendentes e haxa alguén na casa para que a entrega e distribución poida realizarse o máis rápido posible.

 

4.ª PRÓRROGA DA CORENTENA

Sábado 2 de maio de 2020

O Goberno amplía por outros 15 días o período da corentena. Esta 4.ª prórroga estenderase ata o domingo 24 de maio.

REPARTO DE LIBROS DE TEXTO E OUTROS MATERIAIS

Luns 27 de abril de 2020

Ao longo da semana do 4 maio entregaranse os libros de texto e outros materiais escolares para empregar na casa durante o tempo que as clases permanezan suspendidas. Debido ao estado de alarma, NON poden vir buscar nada ao colexio. As autoridades que o Concello designe se encargarán de levalos persoalmente a todos os domicilios.

MOI IMPORTANTE!!:

Deben comunicar ao colexio por email (ceip.nantes@edu.xunta.es) antes do xoves 30 de abril:

  • As novas direccións nos casos das familias que se cambiaron de domicilio.
  • As familias que non desexan que lles entreguen os libros de texto/materiais.

Nas vindeiras xornadas concretaremos os días de entrega, tanto a través de Abalar como da páxina web.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut