Skip to Content

Novas

3.ª PRÓRROGA DA CORENTENA

Sábado 18 de abril de 2020

O Goberno amplía por outros 15 días o período da corentena. Esta 3.ª prórroga estenderase ata o sábado 9 de maio (incluído).

 

 

2.ª PRÓRROGA DA CORENTENA

Sábado 4 de abril de 2020

O Goberno amplía por outros 15 días o período da corentena. Esta 2ª prórroga estenderase ata o domingo 26 de abril (incluído).

NOTAS 2.ª AVALIACIÓN

Luns 30 de marzo de 2020

As notas correspondentes á 2.ª avaliación publicaranse en Abalar o venres 3 de abril ás 08:00h.

Para poder velas, é preciso que teñan descargada a aplicación Abalar nos seus teléfonos móbiles e deben estar rexistrados. Nos documentos adxuntos dispoñen de instrucións para descargala e rexistrarse.

Se teñen algún problema para acceder, chamen ao teléfono do centro en horario de 10:00 a 13:00h.

886.15.16.69

 

PRÓRROGA DA CUARENTENA

Luns 23 de marzo de 2020

O Goberno amplía por outros 15 días o período inicial da corentena. Polo de agora, a prórroga estenderase ata o sábado 11 de abril (incluído).

In Memoriam

Luns 23 de marzo de 2020

 

ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA (SUSPENSIÓN CLASES)

Luns 16 de marzo de 2020

Queridas familias:

Xa podedes ir vendo/descargando as actividades a realizar polos nenos/as na casa mentres dure a suspensión das clases. Só tedes que ir á marxe lateral dereita desta web, ao apartado que pon "O RECANTO DE...", e aí seleccionar o curso e a especialidade. ESTAS ACTIVIDADES SON VOLUNTARIAS E NON TERÁN CARÁCTER DE AVALIABLES, pero recomendamos que as fagan para que o desenvolvemento dos alumnos/as non se vexa afectado ou  teña o menor impacto posible.

Dentro do curso están subidas as tarefas das materias: Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Lengua Castelá, Lingua Galega e Matemáticas. Nas demais especialidades está o traballo organizado polo profesorado especialista correspondente: Inglés, Educación Física...

Cada mestre/a pon á vosa disposición un correo electrónico para que poidades comunicarvos con eles/as e lle fagades as preguntas que consideredes oportunas respecto ás actividades propostas. Entrade novamente en "O RECANTO DE..." para velos (en cada curso e especialidade).

Para lograr unha boa organización e facilitar a tarefa, todos/as os profesores/as vos atenderán no mesmo horario (indicado pola Consellería), intentando resolver as dúbidas o máis axiña posible:

 de 10:00 a 13:00 h.

Desde o centro queremos darvos moitos ánimos nestes días tan complicados e dicirvos que XUNTOS/AS poderemos superar esta situación. Esperamos vervos moi pronto a todos/as!

Nota: estes días as páxinas web dos centros de ensino están moi saturadas, xa que somos moitos/as os/as que estamos traballando nelas á vez. É probable que ás veces non funcionen ben, polo que pedimos paciencia. Iremos subindo os materiais e actividades o antes posible, conforme os medios o permitan. Grazas pola comprensión!

 

SUSPENSIÓN DAS CLASES

Venres 13 de marzo de 2020

Debido ao COVID-19 as clases están suspendidas a partir do luns 16 de marzo, por unha duración inicial de 14 días naturais.

Seguindo as indicacións da Consellería, o profesorado encargarase de programar o traballo para que o alumnado vaia realizando nas súas casas mentres dure a suspensión das clases. A partir do luns 16 de marzo, os mestres/as irán subindo á páxina web do centro as actividades a realizar por cada curso e materia, polo que solicitamos a colaboración das familias para que se responsabilicen en poñer un horario de traballo aos seus fillos e fillas.

Iremos informando puntualmente das novidades, tanto a través da páxina web como de Abalar, polo que é preciso que todos os pais/nais teñan descargada a aplicación nos seus teléfonos móbiles.

Teñen información sobre a instalación, rexistro e o emprego de Abalar nos documentos adxuntos.

 

MERENDAS SAUDABLES

Setembro de 2020

PROPOSTA DIRIXIDA A TODO O ALUMNADO

DO COLEXIO

COA INTENCIÓN DE FOMENTAR NOS NOSOS ALUMNOS/AS UNHA ALIMENTACIÓN SA E EQUILIBRADA, PROPOÑEMOS UN MENÚ DIARIO DE MERENDAS QUE AXUDARÁN A MELLORAR OS SEUS HÁBITOS ALIMENTICIOS.

SEN A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS É IMPOSIBLE ACADAR ESTE OBXECTIVO, POLO QUE PREGAMOS QUE CUMPRAN O MENÚ ESTABLECIDO:


CONTAMOS CONVOSCO.

MOITAS GRAZAS !!!

 

2.ª ENTREGA VALES LIBROS E MATERIAL 2020/2021 - HISTORIAIS 6.º EP - NOTAS

As familias que non recolleron no mes de xullo: 

VALES DE LIBROS/MATERIAL.

HISTORIAIS 6.º PRIMARIA.

BOLETÍNS DE NOTAS.

Poden pasarse polo colexio a partir do 1 de setembro en horario de 10:00 a 14:00 h. (o mércores 2 de setembro non se farán entregas por estar reunidos en Claustro).

IMPORTANTE: Lembramos que se non pode vir o pai/nai, a persoa encargada deberá traer unha autorización firmada e unha fotocopia do DNI do pai ou da nai. Dispoñen dun modelo nos documentos adxuntos.

 

ENTREGA DE HISTORIAIS 6.º PRIMARIA CURSO 2020/2021

Os días 12, 13 e 14 de xullo de 2021 entregaremos ás familias de 6.º de Primaria os historiais e outra documentación académica dos seus fillos/as.

O horario é o seguinte:

de 10:30 a 13:30 h.

Pregamos que pasen polo colexio nas datas indicadas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut