Skip to Content

Celebracións

FESTIVAL DE NADAL, XOVES 22 DE DECEMBRO

Actuacions do festival de nadal 2022

1. 

Carabú (infantil)

2.

Cando é nadal (infantil)

3.

Din dan din (1º E.P.)

4.

Despechá navideño (1º e 2º E.P.)

5. 

Xa me tardan estes reis magos (2º E.P.)

6. 

Rudolf the red nosed reindeer (infantil)

7. 

When santa got stuck up the chimney (1º E.P.)

8.

Teatro: how the grinch stole Christmas (2º, 3º e 5º E.P.)

9.

Jingle Bell Rock (3º, 4º e 5º E.P.)

10.      

Rap navideño (3º e 4º E.P.)

11.       

Copla ao neno (5º E.P.)

12.       

Chegan todos a Belén (4º E.P.)

13.       

Vinde velo neno (3º E.P.)

14.       

O meniño está no berce (6º E.P.)

15.       

All I want for Christmas is you (6ª E.P.)

 

 

Entrega de premios arbores de Nadal

Pre fin de ano

CANTO SABES DO SAMAÍN?

 

PREME NA IMAXE E PON A PROBA OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE O SAMAÍN

CARREIRA SOLIDARIA

AGRADECEMENTO Á COMUNIDADE EDUCATIVA DO

CEIP PLURILINGÜE NANTES

 

A FUNDACIÓN "SAVE DE CHILDREN" ACABA DE ENVIARNOS UNHA CARTA DE

AGRADECEMENTO POLA APORTACIÓN ECONÓMICA RECAUDADA POLO

ALUMNADO LOGO DA CARREIRA SOLIDARIA QUE FIXEMOS POLO DÍA DA PAZ.

215 EUROS DE SOLIDARIDADE

 

 

E NESTE ENLACE PODES COMPROBAR EN QUE EMPREGAN AS APORTACIÓNS RECIBIDAS

https://youtu.be/_kqifiEjqFg

“31 de Marzo Día Internacional da Visibilidade Trans”

Marzo 2021

Coa finalidade de celebrar a diversidade e os dereitos das persoas “Transxénero, Transexuais ou aquelas que non se rexen polos estereotipos de xénero preestablecidos” levamos a cabo, desde o Departamento de Orientación, unha charla nos niveis de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Abrindo unha fiestra cara unha inclusión efectiva e positiva o alumnado de 5º de Educación Primaria realizou unha curta para contribuír a desmontar mitos e fomentar a non discriminación deste colectivo.

A curta foi visualizada por todo o noso alumnado de Educación Primaria.

Paralelamente, o alumnado de 6º de Educación Primaria realizou a gravación da lectura de dous contos “Ahora me llamo Luisa” e “Vivan las uñas de colores” para o noso alumnado de Educación Infantil.

No blog da biblioteca deixámosvos o traballo realizado “Divers@s somos Tod@s”.

 Clicade aquí para acceder ao vídeo

 

MAGOSTO-SAMAÍN-TROMPOS, CURSO 2020-2021

MAGOSTO-SAMAÍN-TROMPOS, CURSO 2020-2021

O venres 30 de outubro de 2020 celebramos no colexio o Magosto e 0 Samaín. Por culpa da pandemia, fixémolo por cursos separados. Por este mismo motivo, non se puido celebrar a XXVII edición do Concurso Intercentros de Trompos. Pero, para non perder esta tradición, fixemos un pequeno concurso interno por niveis, nas dúas modalidades (“escachar” e malabarismos).

Os cursos, participantes e gañadores/as foron:

2º PRIMARIA (4 nenos/as participaron nas 2 modalidades)

                            Iván Gómez Varela (gañador nas 2)

                            Sabela Gómez Martínez

                            Hugo Varela Martínez

                            Borja Gondar Meis

4º PRIMARIA (3 nenos/as participaron en “escachar”)

                            Rubén Torres Otero (gañador)

                            Claudia González Torres

                            Daniel Outón Carballo

5º PRIMARIA

“Escachar”→      Lucas Ferreira Ojea (gañador)

                            Joaquín Pérez Viñas

Malabarismos→Lucas Ferreira Ojea (gañador)

                            Joaquín Pérez Viñas

                            Hugo Gómez Varela

                            Álex Gómez Martínez

                            Alberto Otero Aboy

6º PRIMARIA

“Escachar”→      Hugo Torres de Oliveira (gañador)

                            David Otero Sartal

                            Carla Requejo González

                            Héctor Prieto Sueiro

                            Pablo Calvelo Requejo

Malabarismos→Carla Requejo González (gañadora)

                            Héctor Prieto Sueiro

                            Pablo Calvelo Requejo

 

Temos a continuación unha serie de fotografías que nos lembran momentos desa xornada.

NADAL 2020

Martes 22 de decembro de 2020

Podedes ver as actuacións do Festival de Nadal entrando no blog da biblioteca "caseporsorpresa":

Premede aquí para acceder

As vacacións de Nadal abranguen desde o 23 de decembro de 2020 ao 7 de xaneiro de 2021, ambos os dous incluídos, polo que volvemos ás clases o VENRES 8 DE XANEIRO DE 2021.

 

10 de Decembro: Celebración da Declaración dos Dereitos Humanos

Xoves 10 de decembro de 2020

Como celebrar o Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos?

Para que o alumnado comprenda que as necesidades humanas básicas están plasmadas na Declaración Universal de Dereitos, pódense utilizar os seguintes recursos co obxectivo de coñecelos e reflexionar sobre a situación actual e a necesidade de que estes dereitos se cumpran.

 

Para @s máis pequen@s:

-Vídeo: Conto Blancanieves y los 7 derechitos (explicación dos dereitos humanos básicos) -https://vimeo.com/103884362

-Conto: Las alfombras voladoras (historia de explotación infantil e activismo pro-dereitos humanos) - http://amnistiacatalunya.org/edu/pdf/4p/e-4p-alfom.pdf

 

Para @s maiores:

-Vídeos explicativos:

· *¿Qué son los Derechos humanos? - Historia Bully Magnets: https://www.youtube.com/watch?v=cQyEZ5erG6k

·  *

Derechos Humanos explicación para niños...:https://www.youtube.com/watch?v=GlijWG6XPuM

-Texto orixinal da Declaración dos Dereitos Humanos acompañada de imaxes para reflexionar: http://www.educatolerancia.com/wp-content/uploads/2016/12/dudh-chistes.pdf

 

10 de Decembro "Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos"

Xoves 10 de decembro de 2020

Os Dereitos Humanos son as "garantías que todas as persoas temos desde o momento en que nacemos, sen importar a raza, o sexo, idioma, relixión, economía, orixe nacional, orixe social, opinión política nin cor".

Temos dereito á vida, á educación, á saúde, á auga, á alimentación, á identidade, á liberdade, á protección, a recibir amor e comprensión e dereito a xogar...entre moitos máis!!!

Cal é a súa función?

- Realizarte como persoa.

- Ter unha vida digna.

- Ter as mesmas oportunidades e trato que as demais persoas.

Aquí deixamos unha ligazón por se desexades saber máis!

https://www.youtube.com/watch?v=w-wwSERIEJY 

Coida que non se vulneren ni os teus dereitos nin os dos demais.

 

3 de Decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Xoves 3 de decembro de 2020

Un ano máis desde o CEIP Plurilingüe Nantes celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Desde o Departamento de Orientación gustaríanos dar visibilidade á importancia de ver cada xornada como Días de Ser Capaces.

Desde esta perspectiva debemos, entre todas/os: equipo docente, alumnado e familias, enfocar a ensinanza e aprendizaxe cara unha perspectiva cooperativa e de inclusión.

Fagamos deste un mundo mellor, adaptémonos ás variadas diversidades funcionais e ás súas necesidades, porque:

   Diversos somos todas/os e xuntas/os sumamos +

Aquí deixamos unha curta de animación que mostra os valores e ilusións dunha fermosa historia de amizade (De Pedro Solís García)

E...se queredes explicar que é a discapacidade ás vosas fillas e fillos aquí deixamos a seguinte ligazón.

https://www.youtube.com/watch?v=KNP6I-TrwvI 

2 MAIO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Sábado 2 de maio de 2020
 
Dende o CEIP PLURILINGÜE NANTES  temos moi claro que na loita contra o acoso e o ciberacoso é moi importante a implicación de toda a comunidade educativa e de toda a sociedade.
Por elo, unha combinación perfecta inclúe CONCIENCIACIÓN, PREVENCIÓN, RESPONSABILIDADE E IMPLICACIÓN.
 
Deixamos unha serie de curtas que nos leven a reflexión:
 
Historia de un erizo
 
No juegues conmigo
 
El Sándwich de Mariana
 
Se buscan valientes
 
Distribuir contido


by Dr. Radut