Skip to Content

Celebracións

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Novembro 2017

Este venres, 24 de novembro de 2017 conmemoramos no CEIP de Nantes o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Levamos un lazo morado e fixemos un mural entre todos os nenos e as nenas do colexio, poñendo as nosas mans con pintura na figura dunha nena.

Para rematar, os nenos e as nenas de sexto leron un comunicado a favor da igualdade de oportunidades e gardamos un minuto de silencio por todas as vítimas da violencia de xénero.

No CEIP de Nantes berramos: BASTA XA!

              

 

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Novembro 2017

 

Este luns día 20 de novembro conmemoramos no CEIP de Nantes o Día Universal da Infancia.

Contamos coa visita de Helena, da ONG Plan Internacional, que nos veu a falar dos tan importantes dereitos dos nenos e das nenas: a educación, a alimentación, a vivenda… E de como nalgunha zona do mundo estes dereitos aínda non se respectan nin se cumpren.

 

 

EXPOSICIÓN DE PINTURA - TROMPOS

Novembro 2017

 

Este mércores e xoves día 15 e 16 de Novembro temos no centro unha exposición de pinturas adicadas ó trompo que foron realizadas por nenos e nenas dos diferentes colexios da zona, entre eles o noso.

Tamén están expostos os trofeos e medallas para os e as participantes así coma para os gañadores e as gañadoras do campionato que se celebrará o día 30 de novembro no CEIP A Florida.

Moita sorte ós e ás participantes!

SAMAÍN E MAGOSTO

Outubro 2017

Este martes 31 de outubro foi un día de festa no noso centro!

Realizamos o Samaín e o Magosto, dúas celebracións moi arraigadas e queridas na nosa zona.

Unha vez máis, os nenos e as nenas de CEIP de Nantes impresionáronnos coa súa orixinalidade na exposición de cabazas decoradas achegadas polas familias. Canta imaxinación!

 

 

 

FESTIVAL FIN DE CURSO 2017

Xoves 22 de xuño de 2017

Un curso máis chega ao seu fin e con el veñen as despedidas, os recordos, as emocións...

Como é habitual celebramos un variado festival de fin de curso, que estivo presentado de maneira exemplar polos nenos e nenas de 6.º de Primaria.

Houbo un gran número de actuacións:

 BAILES           CANCIÓNS         OBRAS DE TEATRO          MONÓLOGOS...

Pero os momentos máis difíciles sempre chegan coas despedidas.

Os alumnos/as de 6.º de Primaria ramatan a súa etapa no colexio. En setembro comezarán unha nova aventura no instituto. Agardamos que vos vaia moooooi ben!!!

Os cativos/as de 6 anos despedíronse da etapa de Infantil para empezar a súa andaina en Primaria.

Despois de tanta emoción, puxemos punto e final coa entrega de agasallos e premios dos Concursos de Artes Plásticas e Conto/Redacción.

Grazas de parte de todo o profesorado. Agardámosvos en setembro!!!

(Clicade nas fotografías para acceder á galería)

 

DÍA DA POESÍA 2017

Luns 20 de marzo de 2017

Esta mañá conmemoramos a Día da Poesía coa elaboración dos nosos propios poemas.

Cada grupo sacou a faceta máis poética para crear, escribir e ilustrar as súas poesías. Houbo unha moita variedade, pero a natureza foi a principal protagonista.

Ao rematar de facelas, saímos recitalas á entrada, onde as deixamos uns días para que as familias lle botedes unha ollada.

 

 

DÍA DA MULLER 2017

Venres 10 de marzo de 2017

Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller cunhas fantásticas charlas realizadas por 2 mulleres que desenvolven un traballo tradicionalmente masculino.

Sandra, a Concelleira de Educación de Sanxenxo, falounos do seu interesante traballo, das dificultades que se atopou no seu camiño...

A continuación, Natalia explicounos a complicada profesión de bombeira e os riscos que corre a diario na súa labor. Ademais, trouxo o traxe de traballo completo para facer unha explicación das diferentes partes e do manexo.

Grazas a este día lembramos e visivilizamos a igualdade entre MULLERES e HOMES.

(Clicade na fotografía para acceder á galería)

 

ENTROIDO 2017

Venres 24 de febreiro de 2017

O tema elixido para os disfraces deste ano foi...

"Os traxes rexionais das distintas Comunidades Autónomas". 

Cada grupo deseñou e preparou o disfraz da Comunidade que sorteamos ao comezo do curso.

Aquí tedes unha pequena mostra:

         4.º/5. Infantil: Galicia                   6.º Infantil: Galicia

      1.º Primaria: Andalucía             2.º Primaria: País Vasco


        3.º Primaria: Cataluña   4.º Primaria: Comunidade Valenciana

          5.º Primaria: Madrid                   6.º Primaria: Aragón

Despois do posado no ximnasio e do desfile polo patio, chegou o turno da degustación de postres achegados polas familias.

Que rico estaba todo!

(Clicade nesta última imaxe para acceder á galería)

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: I SERÁN EN FAMILIA 2017

Venres 19 de maio de 2017

Este pasado 19 de maio de 2017, celebramos o Día das Letras Galegas e o Día da Familia, cun Serán familiar no que participaron avós, avoas, pais, nais... xunto aos seus netos/as e fillos/as.

Foi un Serán cheo de emoción e de grandes voces, que seguro lembraremos durante moitos anos.

Grazas pola vosa participación e esperamos non sexa o último!!!

Aqui tedes una pequeniña mostra.

(Clicade na fotografía para acceder á galería)

Botádelle tamén unha ollada ao vídeo.

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

DÍA DO LIBRO 2017

Luns 24 de abril de 2017

Con motivo da celebración do Día do Libro, realizamos un acto no cole ao que asisitiron todos os nenos e nenas de Infantil e Primaria xunto con todo o profesorado.

Este ano fixemos un sorteo no que cada participante tiña que escoller o seu libro favorito e apuntar todos os datos nunha plantilla que mandamos para casa. Os dous afortunados foron Carla Martínez de 2.º e Alec de 6.º. Ambos recibiron como premio o seu conto favorito.

Noraboa!!

Ademais, cada clase decorou un cartel para difundir a importancia da lectura. Podedes velos pegados nas paredes do colexio ou premendo na seguinte fotografía.

 

Quedaron fantásticos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut