Skip to Content

Robótica

COMEZAMOS A TRABALLAR COS BEE-BOT

Luns 14 de marzo de 2016

Unha das ferramentas de aprendizaxe que levamos varios anos empregando no colexio son os ROBOTS.

A través dunhas divertidas abellas-robot chamadas BEE-BOT, traballamos os contidos do libro dunha forma activa e cooperativa.

Repartímonos en grupos de 3 nenos/as, nos que cada un ten unha función que vai cambiando en cada quenda. Así:

  • Podemos mandar o que debe facer o robot.
  • Podemos programalo para que realice o movemento.
  • Podemos comprobar que o resultado final sexa o correcto.

Ademais de reforzar moitos contidos, tamén aprendemos a traballar en equipo, a orientarnos no espazo... É divertidísimo!!!

Comezamos empregando os tapices planos, pero na segunda sesión xa utilizamos a maqueta en 3D.

 

Mirade que ben o fixemos!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

COMEZAMOS A TRABALLAR COS BEE-BOT NA CLASE DE 1.º

Xa sabedes que este ano estamos a introducir unha nova ferramenta de aprendizaxe no colexio:

OS ROBOTS

Esta é a primeira sesión de traballo cos Bee-bot que realizamos na aula de 1º. Empregamos 2 tapices (o mapa e a cidade) polos que diriximos os robots seguindo as ordes que programamos.

 

 

 

SESIÓN PRÁCTICA DE ROBÓTICA

Unha das novidades introducidas este ano no colexio é o emprego dunha nova ferramenta de traballo:

OS ROBOTS!!!

Trátase dunha iniciativa pioneira no Concello de Sanxenxo, que ten como obxectivo principal familiarizar aos máis cativos con conceptos básicos de programación de pequenas máquinas.

A encargada de amosar os seus usos foi Susana Oubiña, mestra de Tecnoloxía do I.E.S. Asorey de Cambados. Así, o día 19 de marzo, os alumnos/as de Educación Infantil e do 1.º ciclo de Primaria recibiron a súa primeira clase práctica.

Spybot, WeDo e Bee-bot foron algúns dos robots cos que traballamos. A pesar de que a súa apariencia é a dun xoguete, nada máis lonxe da realidade!!! Precisan ser programados para cumprir unha serie de ordes sinxelas.

A súa utilización é moi intuitiva, polo que os nenos/as axiña se familiarizaron co manexo dos mesmos.

O Bee-bot chegou para quedarse así que, pouco a pouco, amosarémosvos o seu emprego nas aulas.

 

Se queredes ver como foi a xornada, só tedes que clicar en calquera das fotografías!!!

 

  

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut