Skip to Content

Actividades

EDUCACIÓN RESPONSABLE: ACTIVIDADES PARA FACER EN FAMILIA

Martes 31 de marzo de 2020

Desde o programa Educación Responsable nos propoñen unha serie de ideas e actividades para poñer en práctica en familia que teñen como obxectivo fomentar o desenvolvemento emocial, social e da creatividade, nesta situación tan extraordinaria que estamos a vivir.

"EU QUÉDOME NA CASA"

Divídense en 5 bloques e están organizadas por idades:

1. Banco de Ferramentas.

2. Lectura e emocións (LEE).

3. Literatura, Emocións e Creatividade (LEC).

4. RelexArte.

5. O Coro das emocións.

No documento adxunto tedes todas as propostas. Só tedes que clicar enriba das actividades que vos interesen e... A PASALO BEN EN FAMILIA!

No programa recomendan realizar unha por día, pero cada un pode desenvolvelas doutro xeito en función da súa situación e posibilidades.

Na seguinte táboa tedes a listaxe de actividades (cada cor pertence a un bloque), coas idades recomendadas e unha suxerencia de datas nas que podedes levalas a cabo.

ACTIVIDADES 3-6 anos 6-12 anos SEMANA
Recetas contra el aburrimiento X    30 marzo-5 abril
Pasillos llenos de abrazos X    30 marzo-5 abril
¡Gru, un papá genial!   X  30 marzo-5 abril
La oca de las emociones   X  30 marzo-5 abril
Dale vida a tu biblioteca familiar X    6 abril-12 abril
Un poco de magia X     6 abril-12 abril
 La estrella se está bañando    X   6 abril-12 abril
 The star is bathing    X   6 abril-12 abril
 Wimmelbild    X   6 abril-12 abril
Pintar con el tacto X X  13 abril-19 abril
Viaje entre espacios   X  13 abril-19 abril
Tejiendo emociones   X  13 abril-19 abril
Cartografías creativas   X  13 abril-19 abril
El pulso musical X X  20 abril-26 abril
Las manos que cantan X X  20 abril-26 abril
¡Agárrate que hay curvas! X X  20 abril-26 abril
Nuestras canciones de casa X X

 20 abril-26 abril

Gustaríanos que nos enviásedes por email fotos das propostas que ides desenvolvendo para crear vídeos que difundan a LABOR TAN IMPORTANTE QUE ESTADES A REALIZAR AS FAMILIAS!

A dirección de correo electrónico para facer os envíos é:

 infantil.nantes.elena@gmail.com

Agardamos que estas ideas resulten do voso interese e vos

axuden durante a corentena.

Ánimo, xa queda menos!

 

Pupurri EMOCIÓNS 6.º EP

Xuño 2019

No seguinte vídeo podedes ver a actividade realizada polo alumnado de 6.º de Primaria dentro do programa Educación Responsable:

 

"PUPURRI EMOCIÓNS"

sentímolo, flash non está dispoñible.

 Parabéns polo traballo realizado!

 

REFLEXARTE

Marzo 2019

Este venres, día 22 de marzo, o alumnado de 4º curso de primaria participou na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, na exposición "REFLEXARTE: REFUXIOS SENSORIAIS".

Esta actividade está enmarcada dentro do programa Educación Responsable, e nela reuníronse once centros de nova incorporación a este programa para expoñer os resultados dos seus proxectos.

       

Distribuir contido


by Dr. Radut