Skip to Content

Día da Familia

DÍA DA FAMILIA 2017

Domingo 11 de xuño de 2017

Este ano, o Día da Familia organizado pola ANPA foi moi especial. A viaxe comezou no colexio rumbo a Santiago.

Aí visitamos a Cidade da Cultura situada no monte Gaiás.

A catedral foi a seguinte parada.

E... chegou a hora de xantar.

Pola tarde fixemos o camiño e volta en barco desde Pontecesures ata Vilanova de Arousa, onde nos agardaba o autobús para volver ao colexio.

Chegamos moi cansos pero felices de compartir esta divertida xornada.

Agardamos pasalo igual de ben o vindeiro curso!!!

(Podedes ver a xornada completa premendo nas fotografías)

 

DÍA DA FAMILIA 2016

Domingo 19 de xuño de 2016

Como xa é habitual desde hai anos, rematamos o curso celebrando o Día da Familia.

Este ano preparamos o chándal e os tenis para realizar un roteiro pola zona.

Comezamos a andaina na Casa da Cultura e axiña nos puxemos en camiño para gozar da compañía e das fermosísimas paisaxes.

Un día fantástico que podedes lembrar premendo en calquera das

fotografías.

VÉMONOS EN XUÑO DE 2017!!!

 

DÍA DA FAMILIA 2014

O domingo 22 de xuño puxemos punto e final ao curso celebrando o Día da Familia.

Este ano, con motivo da conmemoración do 25º aniversario do colexio, proxectamos un vídeo co que puidemos facer un percorrido por estes 25 anos. Cantas lembranzas!!!

Nesta ocasión tan especial quixeron acompañarnos antigos mestres e directores, aos cales agradecemos a súa asistencia.

Mestres, familias e alumnos desfrutamos desta xornada de convivencia degustando unha fantástica comida.

Os máis cativos pasárono en grande xogando nos inchables e nos columpios.

Se queredes acceder a toda a galería, só tedes que clicar en calquera das fotografías.

 

ATA O ANO QUE VÉN!!!

DÍA DA FAMILIA 2013

 

Un ano máis, antes de rematar o curso, celebramos o Día da Familia, unha proposta fantástica para fomentar a convivencia entre o profesorado, o alumnado e as familias. Nesta ocasión realizamos unha camiñata polos muíños. A comida e os inchables non podían faltar!!!

Clica na fotografía para acceder a toda a galería.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut