Skip to Content

Recíclate con Sogama

CHARLA SOGAMA 2.º / 3.º CICLO

Xoves 19 de febreiro de 2015

Xa sabedes que no colexio estamos a tomarnos moi en serio a reciclaxe.

Os alumnos/as de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Primaria recibimos unha charla que nos axudou a non esquecer a importancia dos tres R:

 

REDUCIR              REUTILIZAR             RECICLAR

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FACEMOS A MADAMA CON TETRA BRIKS

Unha das actividades que realizamos este curso na clase de 6.º de Primaria foi a construción da Madama de Silgar con envases tetra brik.

Aínda que o traballo resultou custoso, a escultura final pagou a pena.

Mirade como a construímos.!!!

Seleccionamos os envases:

     Comezamos a pegalos dándolle forma.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Cubrimos con papel maché:

                                               Pintamos:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Este foi o resultado!!!

Podedes ver todo o proceso, clicando na seguinte fotografía:

 

 

BÓLAS DE NADAL RECICLADAS

Como este curso estamos a traballar a reciclaxe en todo o colexio, en Educación Infantil fixemos unhas bólas de Nadal moi orixinais. Empregamos CD´s antigos, que adornamos con moitos gomets de cores e formas variadas. Despois de colocarlles un lazo, colgamos as nosas bólas na árbore da entrada.

Mirade que ben nos quedaron!!!

DECORAMOS A PORTA DA CLASE

Comezamos a celebrar o Nadal decorando a porta da nosa clase con envases de ovos.

Comezamos pintando a parte de cartón para facer o tronco.

Despois, colocamos papel de seda verde na parte transparente.

Para rematar, fixemos unha estrela e moitas espirais de cores para adornar a árbore.

 

FELIZ NADAL!!!

ENVASES PARA O MAGOSTO

Chega o Magosto e, como é habitual, elaboramos os nosos envases para gardar as castañas. Aproveitando que estamos a traballar a reciclaxe en todo o colexio, fixémolos con tetra briks de leite.

Esperamos enchelos de castañas quentiñas e deliciosas!!!

 

 

 

ARAÑAS PARA O SAMAÍN!!!

Este ano, polo Samaín, fixemos unhas arañas terroríficas para adornar a aula.

Empregamos papel maché para facer o corpo e chenilla de cores para as patas.

Mirade que medo dan!!!

 

 

 

REGALOS DE SOGAMA!!!

O luns 24 de febreiro recibimos uns regalos chulísimos de Sogama por participar no Trivial sobre reciclaxe. Déronnos un minicontenedor amarelo para cada un e unha bolsa de tea para os gañadores.

Mirade que guapos estamos cos sombreiros do Entroido e que contentos quedamos cos regalos!!!

 

MURAL SOBRE A RECICLAXE

Nos últimas semanas estivemos a preparar un mural sobre a reciclaxe para colocar na aula.

Como tiñamos algunhas dúbidas á hora de separar os residuos, decidimos facer contenedores con carteis informativos.

Este é o resultado!!!

Así o fixemos:

Coloreamos os contenedores con ceras brandas.

Plastificámolos e pegámolos no mural.

Decoramos os carteis con gomets e... listos para colocar!

 Agora podemos resolver as dúbidas en calquera momento!!!

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ 2014

Como ben sabedes, o día 30 de xaneiro conmemórase o Día Mundial da Paz, así que no colexio non podiamos deixar de celebrar este día.

Ao longo dos últimos días realizamos broches con pombas e símbolos da Paz, ademais dun fermoso mural colectivo con diferentes elementos de reciclaxe: flores con xornais, tapóns, espirais de papel, botóns e rolos de papel de cociña pintados.

Quedou fantástico!!! 

Non deixedes de ver toda a galería clicando na seguinte foto:

Mural Paz 2014

Para rematar a xornada, cantamos e bailamos a canción "Color esperanza" de Diego Torres.

Botádelle unha ollada ao vídeo que grabamos:

sentímolo, flash non está dispoñible.

CONSTRUÍMOS A ESCULÍN

Seguimos participando en concursos... Nesta ocasión o reto era construír unha escultura empregando envases tetra brik para o concurso "Envasarte".

Despois de moito pensar, decidimos facer a Esculín, o logotipo do noso centro.Esculín

Así pois, os envases comezaron a invadir a nosa aula!!!

O primeiro paso foi quitar todos os tapóns.

Logo comezamos a construír pegando os tetra briks. Pouco a pouco, Esculín ía collendo forma!!!

Cubrimos toda a escultura con papel maché para darlle consistencia.

En canto secou, pintamos con témpera.

Xa só faltaba colocarlle a cara e o nome do cole que fixemos con goma eva.

 

Foi unha actividade fantástica, na que todos participamos e desfrutamos traballando en equipo.

Esculín agárdavos na entrada do colexio!!!

 

Para acceder á galería clica aquí.

 

Se queres ver todas as obras presentadas e coñecer cal foi a gañadora preme na seguinte imaxe:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut