Skip to Content

Día do Libro

RECURSOS PARA O DÍA DO LIBRO

O libro que tes ao lado

 

O capitán Nemo non era home de amores, pero algo novo abroiou nel cando Morgana chegou. Había anos que xa non pilotaba o Nautilus, ultimamente prestárallo ao Principiño para ir explorar novos planetas no fondo dos mares. O Principiño tiña facilidade para atopar planetas nos sitios máis insospeitados. Só puxo dúas condicións: que devolvera o submarino co depósito cheo, e que lle quixera. Ás naves hai que querelas para gobernalas como é debido.

Agora nada sabía do seu destino, pero chegaran noticias pola Sereiña de que librara ben do pirata Barbanegra. Nemo vivía tranquilo naquel andel dunha biblioteca con Morgana ao seu carón.

Ás veces o destino está no libro que tes ao lado. Só tes que abrilo e gozar.

María Solar

 

Así comeza o texto "O libro que tes ao lado" co que a escritora María Solar agasallou ás Bibliotecas Escolares de Galicia co gallo do Día Mundial do Libro, e que se publica nun marcapáxinas en forma de díptico para conmemorar esta data no ano 2015.

Son moitas as actividades que se están a  programar estes días nas bibliotecas escolares de todo o país.

Nos seguintes enlaces tedes moitas propostas:

 

(Orixe do Día do l.ibro)

 

(Páxina web das Bibliotecas escolares de Galicia)

 

(Variedade de actividades: Symbaloo)

 

(Blog O recanto de Mix)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut