Skip to Content

Concertos

O PIANO NO CINEMA

Xaneiro 2018

Este luns, día 22 de xaneiro, contamos no CEIP de Nantes coa visita de dúas integrantes da Escola Municipal de Música Sanxenxo. Viñeron a presentarnos un concerto chamado "O Piano no Cinema", no cal nos presentaron diferentes sintonías de diferentes películas coas que nos fixeron rir, bailar, cantar e ata emocionarnos!

Estivo xenial! Moitas gracias pola visita!

Picando nas imaxes poderedes ver máis fotos do CONCERTO!

CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE SANXENXO

Mércores 21 de setembro de 2016

NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE A BANDA DE MÚSICA DE SANXENXO VEU AO NOSO COLE PARA QUE OS NENOS E NENAS SE ANIMASEN A INSCRIBIRSE NA ESCOLA DE MÚSICA.

PASAMOS UN RATO MOI DIVERTIVO, CONTESTAMOS AS SÚAS PREGUNTAS CON MOITO ACERTO, TOCARON MELODÍAS E ACOMPAÑÁMOLOS COAS PALMAS...

 Podedes acceder á galería premendo en calquera fotografía.

 

CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DA ESCOLA NAVAL MILITAR DE MARÍN

Mércores 27 de xaneiro de 2016

Por segundo ano consecutivo, tivemos o privilexio de contar coa Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín con motivo da celebración do Día da Paz.

(Clicade na fotografía para acceder á galería)

Toda Comunidade Educativa desfrutamos dun fantástico concerto e puidemos coñecer de primeira man a súa labor na Escola Militar.

Aquí tedes unha mostra da actuación:

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

GRAZAS POR COMPARTIR ESTA EXPERIENCIA

CONNOSCO!!!

 

INVITACIÓN AO CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DA ESCOLA NAVAL DE MARÍN

Xaneiro de 2016

Desde o C.E.I.P. Plurilingüe Nantes queremos convidar a toda a comunidade educativa ao concerto didáctico da Banda de Música da Escola Naval de Marín con motivo da celebración do Día da Paz.

 

AGARDÁMOSVOS A TODOS!!!

 

CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE SANXENXO

Venres 6 de novembro de 2015

Esta mañá visitounos unha representación da Banda de Música de Sanxenxo para dar un concerto didáctico.

A través desta actividade aprendemos, de forma práctica e divertida, o nome dun bo número instrumentos, como é o seu son, o funcionamento, etc.

Ademais puidemos desfrutar de varias pezas musicais. Botádelle unha ollada ao seguinte vídeo para ver unha mostra do concerto:

sentímolo, flash non está dispoñible.

Se estades interesados en facervos socios ou queredes coñecer máis datos sobre a Banda clicade na fotografía para acceder ao seu blog:

 

CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DA ESCOLA NAVAL DE MARÍN

Xoves 29 de xaneiro de 2015

Hoxe vivimos unha xornada musical moi especial grazas ao fantástico concerto que nos ofreceu a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.

A actual banda foi creada no ano 1940. Os seu compoñentes compaxinan a labor de atender as necesidades marcadas polo réxime interior da Escola Naval Militar con actuacións fóra da mesma. 

O concerto ofrecido no noso centro a toda a Comunidade Educativa foi todo un éxito, cun amplo repertorio que abarcou dende musica clásica ata música militar e pop.

No seguinte vídeo podedes ver unha pequena mostra da actuación:

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

Podedes acceder á galería clicando aquí:

Moitas grazas a todos os compoñentes da banda por transmitirnos o seu amor pola música!!!

 

BANDA DE MÚSICA DA ESCOLA NAVAL MILITAR DE MARÍN

Este xoves 29 de xaneiro ofrecerá un concerto no noso centro a...

 

BANDA DE MÚSICA DA ESCOLA

NAVAL MILITAR DE MARÍN

 

Lugar: na sala de usos múltiples

Hora: ás 12:00h.

(Clicade na fotografía para coñecer a orixe da Banda de Música)

 

ESTADES CONVIDADOS A DESFRUTAR CONNOSCO DESTA FANTÁSTICA ACTUACIÓN!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut