Skip to Content

Premios: Actividades Plásticas/Conto ou Redacción

TRABALLOS E PREMIOS DE ACTIVIDADES PLÁSTICAS E CONTO/REDACCIÓN

Xoves 22 de xuño 2017

Un ano máis volvemos convocar o Concurso de Artes Plásticas e Conto ou Recación que, como é habitual, tivo unha boa acollida por parte da Comunidade Educativa.

Estes foron os traballos presentados:

Nesta edición, os premiados/as foron:

ARTES PLÁSTICAS

  • Educación Infantil: Laura
  • 1.º/2.º Primaria: Lúa
  • 3.º/4.º Primaria: Xoán
  • 5.º/6.º Primaria: Paula

 

CONTO/REDACCIÓN

  • 1.º/2.º Primaria: deserto
  • 3.º/4.º Primaria:
  • 5.º/6.º Primaria: Paula

Ademais dos premios aos gañadores, todos os participantes recibiron un agasallo ao rematar o festival de fin de curso.

PARABÉNS!!!

(Premede na 1.ª fotografía para acceder á galería)

 

TRABALLOS E PREMIOS DE ACTIVIDADES PLÁSTICAS E CONTO/REDACCIÓN

Xoves 18 de xuño de 2015

Un ano máis, a convocatoria dos premios de Actividades Plásticas e de Conto ou Redacción foi moi ben acollida pola Comuniddae Escolar. Os traballos presentados superan a calidade edición tras edición e resulta moi complicado elixir aos gañadores.

 


 

Nesta ocasión, os premiados foron:

 

ACTIVIDADES PLÁSTICAS

  • Educación Infantil: Mia
  • 1.º ciclo de Primaria. Daniela Requejo
  • 2.º ciclo de Primaria: Iria
  • 3.º ciclo de Primaria: Elena

 

CONTO OU REDACCIÓN

  • 1.º ciclo de Primaria: Laura
  • 2.º ciclo de Primaria: Paula
  • 3.º ciclo de Primaria: Lucas


 

Ademais dos premiados, todos os participantes recibiron o seu agasallo.

 

 

PARABÉNS!!!

Clicade nas fotografías para acceder á galería

 

IX PREMIO DE CONTO OU REDACCIÓN

Luns 1 de xuño de 2015

IX PREMIO DE CONTO OU REDACCIÓN

Darase un Premio de Conto ou Redacción por ciclo que consistirá nun vale de librería por valor de 25 euros cada un. Dito premio será doado pola ANPA.

BASES

  1. A narración deberá incluír a seguinte frase: " Aqueles tempos foron os mellores". Pode realizarse en formato conto ou redacción e debe explicar un suceso real ou inventado que sexa especial.
  2. Poderán participar todos os alumnos/as de Educación Primaria do C.E.I.P. Plurilingüe Nantes.
  3. Os traballos entregaranse no centro antes do 15 de xuño de 2015 ás 14:30h.
  4. A extensión máxima é de 2 folios por unha cara. En calquera caso, non deberá sobrepasar as 25 liñas mecanografiadas por páxina. Poden levar unha ilustración ou elemento decorativo.
  5. Os traballos irán acompañados dun sobre, que por fóra indicará só o curso e por dentro deberá incluír o nome completo do alumno/a e a idade.
  6. Os traballos serán expostos nas dependencias do colexio.
  7. As narracións presentadas quedarán en propiedade do centro e serán utilizadas na maneira que o centro crea oportuno.

 

XIII PREMIO DE ACTIVIDADES PLÁSTICAS

Luns 1 de xuño de 2015

XIII PREMIO DE ACTIVIDADES PLÁSTICAS

Daranse varios premios para traballos realizados polos alumnos/as nas súas actividades escolares, extraescolares e/ou domésticas.

O premio doado pola ANPA entregarase durante os actos de Fin de Curso.

BASES

  • Poderán participar todos os alumnos/as de Educación Infantil e Primaria do C.E.I.P. Plurilingüe Nantes.
  • Os traballos entregaranse no centro antes do luns 15 de xuño de 2015 ás 14:30h.
  • Os traballos poden ser de pintura (acuarela, óleo, ceras, carboncillo...), madeira, pedra, cartón, arxila, etc.
  • Valen todas as técnicas e correntes estéticas. Tamén se poden aportar traballos sobre banda deseñada (cómic).
  • Os traballos serán anónimos e irán acompañados dun sobre. Dentro irá o nome completo do alumno/a e a idade. Fóra deberá indicarse unicamente o curso.
  • Os traballos serán expostos nas dependencias do centro.
  • Os autores deberán recoller os seus traballos ao rematar o concurso. Despois do 30/06/2015 o centro non se fará responsable deles.
  • PREMIOS: haberá catro premios, un por ciclo, en Vale de librería por valor de 25 euros cada un. Os traballos que reciban premio pasarán a ser propiedade do colexio. Todos os alumnos que presenten traballos recibirán un agasallo.
  • Valorarase a orixinalidade, a presentación, o nivel de dificultade e se é ou non inédito. Terase en conta a idade dos nenos/as. Os traballos que non reflictan un esforzo de acordo á súa idade serán anulados.
  • O xurado estará formado pola directora, un mestre/a e un membro da ANPA. O fallo do xurado será inapelable.
  • Os premios daranse durante os actos de Fin de Curso.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut