Skip to Content

IX PREMIO DE CONTO OU REDACCIÓN

Luns 1 de xuño de 2015

IX PREMIO DE CONTO OU REDACCIÓN

Darase un Premio de Conto ou Redacción por ciclo que consistirá nun vale de librería por valor de 25 euros cada un. Dito premio será doado pola ANPA.

BASES

  1. A narración deberá incluír a seguinte frase: " Aqueles tempos foron os mellores". Pode realizarse en formato conto ou redacción e debe explicar un suceso real ou inventado que sexa especial.
  2. Poderán participar todos os alumnos/as de Educación Primaria do C.E.I.P. Plurilingüe Nantes.
  3. Os traballos entregaranse no centro antes do 15 de xuño de 2015 ás 14:30h.
  4. A extensión máxima é de 2 folios por unha cara. En calquera caso, non deberá sobrepasar as 25 liñas mecanografiadas por páxina. Poden levar unha ilustración ou elemento decorativo.
  5. Os traballos irán acompañados dun sobre, que por fóra indicará só o curso e por dentro deberá incluír o nome completo do alumno/a e a idade.
  6. Os traballos serán expostos nas dependencias do colexio.
  7. As narracións presentadas quedarán en propiedade do centro e serán utilizadas na maneira que o centro crea oportuno.

 



page | by Dr. Radut