Skip to Content

Outras propostas

#DígochoEu

#DígochoEu

 

 

Velaquí o #DigochoEu do noso cole,

estádelo facendo moi ben!!! 

clikade na imaxe para ver todos os videos que enviades

 

 Seguro que a todos e todas vos soa este título, non si?

 

Que vos parece iso de ser investigadores da lingua por un día, e logo vos gravades facendo o mesmo que fai Esther, esta moza que nos quita de bastantes dúbidas sobre a lingua galega?

 

Elixides unha palabra que pensedes que se di mal ou ben en galego, investigades sobre ela e logo gravades un pequeno vídeo, dicindo si era correcto o seu uso ou non. Unha vez o teñades feito enviádelo ao correo

cuartonantes@gmail.com.

 

Publicarémolos na web e no blog da biblioteca! Tedes de prazo ata o 7 de xuño. Animádevos!

 

Para investigar podedes buscar no dicionario de lingua galega, tamén na páxina web da Real Academia Galega (RAG), a cal estuda a cultura galega, o uso da lingua galega e elabora as normas gramaticais, ortográficas e léxicas do idioma galego.

 

A RAG ten o seu propio Dicionario. Nel podedes atopar palabras que de seguro non coñecedes e así dicirnos o seu significado.

 

Animádevos a facelo, entre todos podemos aprender moito!!

 

#ESCAPE ROOM CON CARVALHO CALERO

Mércores 13 de maio de 2020

Ola familias:

Deixámosvos a continuación dous ESCAPE ROOMS diseñados por dúas mestras do CPI de VEDRA.

Parécenos fantástico o material e aínda máis dar visibilidade ao traballo de compañeiras que nos invitan a coñecer a pequenos e maiores ao autor homenaxeado deste ano polas Letras Galegas: Ricardo Carvalho Calero.

O primeiro enlace conduciravos ao ESCAPE ROOM dirixido ao alumnado de EDUCACIÓN INFANTIL e o segundo deles, aos estudantes de EDUCACIÓN PRIMARIA.

¡DISFRUTADE DESTA AVENTURA EN FAMILIA!

https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20

 

https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020

 

Letras Galegas 2020

 Letras Galegas 2020

Ricardo Carvalho Calero

Ricardo Carballo Calero

 

 

 Ricardo Carballo Calero

Inicia a súa vida o 30 de outubro de 1910 en Ferrol.
Estuda Secundaria na Coruña.
Remata Dereito en 1931 e Filosofía e Letras en 1935 en Santiago.
Dende 1950 Traballa no colexio Fingoi de Lugo
En 1958 ingresa na RAG cun discurso sobre Rosalía.
Dende 1965/66 da clases de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela e no Instituto Rosalía de Castro despóis de aprobar as oposicións.
En 1972 é catedrático de Lingüística e Literatura Galega da USC.
Medalla Castelao en 1984
Fillo predilecto de Ferrol en 1990
A partires de 1981 comeza a asinar como Carvalho Calero.
A súa viaxe remata o 20 de marzo  de 1990 en Santiago.
Autor, entre outros da Historia da Literatura Galega

   Contemporánea e da Gramática elemental del gallego común.

Fte: RAH e RAG

 Debuxamos a Carballo (Carvalho) Calero

- Convidámosvos a facer unha caricatura ou un debuxo do Homenaxeado.
- Faremos un vídeo con todos os debuxos enviados.

- Podedes mandalo a musicanantes@gmail.com ou clase.segundo.nantes@gmail.com

- Tedes información ao final da páxina.

Prazo: ata o Mércores 20 de maio

 Kahoot: "Carballo Calero, Letras Galegas 2020“

O Xogo:

Investigade sobre a vida de Ricardo Carballo Calero.
Resolver as 25 Preguntas do Cuestionario.
Cada pregunta, ten Catro posibles respostas. Pulsa na correcta  .

O Concurso:

1.Preme na ligazón que tes na última liña.
2.Escribe o nome (nickname) co que queres concursar.
3.Dálle a entrar e resolve as 25 preguntas.
4.Envía o nickname co teu nome/familia a 
musicanantes@gmail.com
5.Se queres, anota os puntos conseguidos.
6.A partida quedará rexistrada. Gaña quen teña máis puntos.
7.Estará abertoata Venres 22 ás 14.00 h.
8.Os resultado serán publicados o Venres 29.
- Este número cambiará diariamente debido ás condicións de uso do xogo

O Xogo da Carrasquiña

https://www.youtube.com/watch?v=SamTQOafx0s

 

 

Podedes envialo a musicanantes@gmail.com

 Encrucillado e Sopa de Letras

 

Muiñeira das Letras Galegas 2019

Aquí tedes a ligazón a Muiñeira do ano 

 Páxinas Webrelacionadas

 

RAG A Primavera das Letras

http://primaveradasletras.gal/

Fichas descargables e Fichas para colorear e Actividades interactivas para todas as idades

Seminario Galán

http://seminariogalan.org/inicio/portada

Documentos para imprimir, Actividades en liña e Álbum de fotos

Don RiDardo. Colexio San PíoX

https://view.genial.ly/5e750fa6d0e81c0e4046557d/game-don-ridardo-o-xogo

Xogo de dardos baseado na vida e obra do homenaxeado cun Vídeo introdutorio

Portal da Lingua Galega

https://www.lingua.gal/o-galego /promovelo/dia-das-letras-galegas

Enlaces: Actividades interactivas, Preguntoiros, Biografía con pictogramas, Exposición, Cuestionario...

https://portaldaspalabras.gal/lexico/setestrelo/sete-palabras-do-teatro-de-carballo/

Verbas sobre Teatro e Poesía.

https://academia.gal/letras-actual

Biografía e Obra

https://www.youtube.com/watch?v=o-LfGDiXTOY

Telexornal realizado polo CPI dos Dices.

http://dbe.rah.es/biografias/10653/ricardo-carvalho-calero

Biografía

https://carvalhocalero2010.net

Páxina do centenario

2 MAIO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Sábado 2 de maio de 2020
 
Dende o CEIP PLURILINGÜE NANTES  temos moi claro que na loita contra o acoso e o ciberacoso é moi importante a implicación de toda a comunidade educativa e de toda a sociedade.
Por elo, unha combinación perfecta inclúe CONCIENCIACIÓN, PREVENCIÓN, RESPONSABILIDADE E IMPLICACIÓN.
 
Deixamos unha serie de curtas que nos leven a reflexión:
 
Historia de un erizo
 
No juegues conmigo
 
El Sándwich de Mariana
 
Se buscan valientes
 

Vídeo #EuQuedoNaCasa

Venres 24 de abril de 2020

Moi boas!

Aquí podedes ver o resultado de tan bo traballo por parte do alumnado! Moitas grazas a todos/as por participar! Risa

VÍDEO

Unha aperta moi forte.

Profe Alejandro

 

EDUCACIÓN RESPONSABLE: ACTIVIDADES PARA FACER EN FAMILIA

Martes 31 de marzo de 2020

Desde o programa Educación Responsable nos propoñen unha serie de ideas e actividades para poñer en práctica en familia que teñen como obxectivo fomentar o desenvolvemento emocial, social e da creatividade, nesta situación tan extraordinaria que estamos a vivir.

"EU QUÉDOME NA CASA"

Divídense en 5 bloques e están organizadas por idades:

1. Banco de Ferramentas.

2. Lectura e emocións (LEE).

3. Literatura, Emocións e Creatividade (LEC).

4. RelexArte.

5. O Coro das emocións.

No documento adxunto tedes todas as propostas. Só tedes que clicar enriba das actividades que vos interesen e... A PASALO BEN EN FAMILIA!

No programa recomendan realizar unha por día, pero cada un pode desenvolvelas doutro xeito en función da súa situación e posibilidades.

Na seguinte táboa tedes a listaxe de actividades (cada cor pertence a un bloque), coas idades recomendadas e unha suxerencia de datas nas que podedes levalas a cabo.

ACTIVIDADES 3-6 anos 6-12 anos SEMANA
Recetas contra el aburrimiento X    30 marzo-5 abril
Pasillos llenos de abrazos X    30 marzo-5 abril
¡Gru, un papá genial!   X  30 marzo-5 abril
La oca de las emociones   X  30 marzo-5 abril
Dale vida a tu biblioteca familiar X    6 abril-12 abril
Un poco de magia X     6 abril-12 abril
 La estrella se está bañando    X   6 abril-12 abril
 The star is bathing    X   6 abril-12 abril
 Wimmelbild    X   6 abril-12 abril
Pintar con el tacto X X  13 abril-19 abril
Viaje entre espacios   X  13 abril-19 abril
Tejiendo emociones   X  13 abril-19 abril
Cartografías creativas   X  13 abril-19 abril
El pulso musical X X  20 abril-26 abril
Las manos que cantan X X  20 abril-26 abril
¡Agárrate que hay curvas! X X  20 abril-26 abril
Nuestras canciones de casa X X

 20 abril-26 abril

Gustaríanos que nos enviásedes por email fotos das propostas que ides desenvolvendo para crear vídeos que difundan a LABOR TAN IMPORTANTE QUE ESTADES A REALIZAR AS FAMILIAS!

A dirección de correo electrónico para facer os envíos é:

 infantil.nantes.elena@gmail.com

Agardamos que estas ideas resulten do voso interese e vos

axuden durante a corentena.

Ánimo, xa queda menos!

 

7 museos con visitas virtuales para "pasear" sin salir de casa

 Xoves 26 de marzo de 2020

Buenos días.

Aunque no esté directamente relacionado con mi asignatura, me ha parecido interesante compartir estos enlaces, que nos abren una ventana a la historia y el arte:

1. Pinacoteca di Brera - Milán.

 2. Galleria degli Uffizi - Florencia.

3. Museo Arqueológico Nacional - Atenas.

4. Museo del Prado - Madrid.

5. Museo del Louvre - París.

6. Museo Británico - Londres.

7. Galería Nacional de Arte - Washington.

 

UN FUERTE ABRAZO

malonsolopez20@gmail.com

Distribuir contido


by Dr. Radut