Skip to Content

#DígochoEu

#DígochoEu

 

 

Velaquí o #DigochoEu do noso cole,

estádelo facendo moi ben!!! 

clikade na imaxe para ver todos os videos que enviades

 

 Seguro que a todos e todas vos soa este título, non si?

 

Que vos parece iso de ser investigadores da lingua por un día, e logo vos gravades facendo o mesmo que fai Esther, esta moza que nos quita de bastantes dúbidas sobre a lingua galega?

 

Elixides unha palabra que pensedes que se di mal ou ben en galego, investigades sobre ela e logo gravades un pequeno vídeo, dicindo si era correcto o seu uso ou non. Unha vez o teñades feito enviádelo ao correo

cuartonantes@gmail.com.

 

Publicarémolos na web e no blog da biblioteca! Tedes de prazo ata o 7 de xuño. Animádevos!

 

Para investigar podedes buscar no dicionario de lingua galega, tamén na páxina web da Real Academia Galega (RAG), a cal estuda a cultura galega, o uso da lingua galega e elabora as normas gramaticais, ortográficas e léxicas do idioma galego.

 

A RAG ten o seu propio Dicionario. Nel podedes atopar palabras que de seguro non coñecedes e así dicirnos o seu significado.

 

Animádevos a facelo, entre todos podemos aprender moito!!

 



paxina | by Dr. Radut