Skip to Content

Semana da Ciencia

VII SEMANA DA CIENCIA: PARTICIPANTES E GAÑADORES/AS

Mércores 24 de marzo de 2021

Nesta VII edición da Semana da Ciencia contamos cun total de 7 inventos e experimentos.

Este ano, debido á pandemia, en lugar de realizar as exposicións orais dos proxectos de maneira presencial, se levaron a cabo mediante vídeos.

Os/as participantes foron:

1.ª categoría:

  • Clara Camiña (5.º EI): EXPERIMENTO
  • Enzo García (5.º EI): EXPERIMENTO
  • Paloma Fernández (6.º EI): INVENTO
  • Lina e Simón Montes (5.º EI): EXPERIMENTO

2.ª categoría:

  • Mia Geary e Antía Rodríguez (5.º EP): INVENTO
  • Joaquín Pérez e Paola Martínez (5.º EP): EXPERIMENTO
  • Sofía Piñeiro (3.º EP): INVENTO

                           

Tras a difícil deliberación do xurado, os premiad@s foron:

 

1.ª CATEGORÍA: MELLOR EXPERIMENTO

 A AUGA VIAXEIRA

(Enzo García 5.º EI)

 

 1.ª CATEGORÍA: MELLOR INVENTO

 ACENDER UNHA BOMBILLA CON PRESIÓN DA AUGA

(Paloma Fernández 6.º EI)

 

 2.ª CATEGORÍA: MELLOR EXPERIMENTO

 MESTURA DE AUGA E FARIÑA

(Joaquín Pérez e Paola Martínez 5.º EP)

 

 2.ª CATEGORÍA: MELLOR INVENTO

 O SISTEMA SOLAR E A COMPOSICIÓN DA TERRA

(Sofía Piñeiro 3.º EP)

 

 GRAZAS A TOD@S @S PARTICIPANTES E PARABÉNS AOS

 GAÑADORES/AS!!!

O venres 26 de marzo entregaremos os agasallos e premios.

 

VII SEMANA DA CIENCIA 20/21

Marzo 2021

Chega a....

VII Semana da Ciencia

Este ano, debido ás medidas de seguridade adoptadas pola pandemia, as exposicións orais faranse a través dun VÍDEO en lugar de presenciais.

Os/as  que queirades participar debedes gravar e enviar un vídeo no que expliquedes, EN GALEGO, en que consiste o voso proxecto científico. A dirección de correo electrónico á que tedes que enviar a gravación é:

ceipnantes.tic@gmail.com

Haberá 2 categorías, dividas en 2 idades (EI+1.º+2.º EP e 3.º+4.º+5.º+6.º EP), con 2 premios en cada caso ao mellor:

 INVENTO                 EXPERIMENTO

Consultade as bases aquí ou nos documentos adxuntos.

 

Non o dubidedes e presentade o voso proxecto científico!

 

VI SEMANA DA CIENCIA: EXPOSICIÓNS ORAIS DOS PROXECTOS

Mércores 27 de novembro de 2019

Nesta VI edición da Semana da Ciencia contamos cun total de 9 inventos e experimentos.

Ano tras ano, a imaxinación segue a protagonista desta actividade que pretende desesenvolver no noso alumnado as habilidades:

S (Science)

T (Technology)

E (Engineering)

M (Mathematics)

Houbo:

  • neve artificial
  • lámpadas de lava
  • unha máquina de facer algodón de azucre
  • inventos con luces...           

                                                                     (Preme nesta imaxe para acceder á galería)

Tras a difícil deliberación do xurado, os premiad@s foron:

1.ª CATEGORÍA: MELLOR INVENTO

ROBOT FALADOR (Aroa 6.º EI)

2.ª CATEGORÍA: MELLOR INVENTO

VELUTINATOR (Sara 3.º EP)

2.ª CATEGORÍA: MELLOR EXPERIMENTO

XABÓNS CASEIROS (Carla M./Sara 5.º EP)

GRAZAS A TOD@S @S PARTICIPANTES E PARABÉNS AOS

GAÑADORES/AS!!!

 

VI SEMANA DA CIENCIA

Novembro 2019

Este  curso a Semana da Ciencia adiántase ao mes de novembro. Haberá 2 categorías, dividas en 2 idades (EI+1.º+2.º EP e 3.º+4.º+5.º+6.º EP):

INVENTO                 EXPERIMENTO

Non o dubides e presenta o teu proxecto científico!

 

V SEMANA DA CIENCIA

Marzo/Abril 2019

Chega a V edición da Semana da Ciencia.

Non o dubides! Prepara o teu proxecto científico (un invento, un experimento...) e PARTICIPA!

 

IV SEMANA DA CIENCIA: PRESENTACIÓN DOS PROXECTOS

Venres, 23 de marzo do 2018

Este venres, último día lectivo do segundo trimestre e como colofón á  IV SEMANA DA CIENCIA, tiveron lugar as exposicións orais dos proxectos científicos elaborados polo alumnado (en colaboración coas súas familias).

O nivel foi realmente alto e cada vez resulta máis difícil elixir ós gañadores e ás gañadoras.

Nesta ocasión houbo 20 participacións, 15 na categoría de experimentos  e 5 na de inventos/aparellos mecánicos.

 

MAXIA VS CIENCIA

Xoves 22 de marzo de 2018

Con motivo da celabración da IV Semana da Ciencia recibimos a visita do mago Paco. A través de dous espectáculos demostrou que a maxia e a ciencia, dúas disciplinas que a priori non teñen nada en común, se parecen máis do esperado.

O primeiro, titulado "A maleta viaxeira", ía dirixido ao alumnado de Infantil e 1.º e 2.º de Primaria. Nel mesturou a maxia co mundo dos contos: libros con lume, moedas dun tesouro que aparecían e desaparecían, contos en branco que se enchían de cores... Os máis cativos quedaron abraidos cos trucos!

IV SEMANA DA CIENCIA

Febreiro 2018

Xa está aquí a IV edición da Semana da Ciencia, outra fantástica oportunidade para estimular a creatividade, o emprego do galego e a interacción entre pais/nais e fillos/as.

Anímate e participa!

III SEMANA DA CIENCIA: PRESENTACIÓN DOS PROXECTOS

Venres 7 de abril de 2017

Esta mañá tiveron lugar as exposicións orais dos proxectos científicos elaborados polo alumnado (en colaboración coas súas familias).

Ano tras ano, o nivel vai en aumento e cada vez resulta máis difícil elixir aos gañadores/as.

Nesta ocasión houbo 10 participacións, 8 na categoría de experimentos  e 2 na de inventos/aparellos mecánicos.

Unha vez rematadas as exposicións e feita a deliberación do xurado, os gañadores/as foron:

MELLOR EXPERIMENTO: MATEO PORTA (4.º EP)

"Apagar unha vela sen soprar"

 MELLOR INVENTO: DANIELA REQUEJO (4.º EP)

"Proxector"

 

 Parabéns a todos os participantes!!!

 Clicade nas fotografías para ver a xornada completa.

 

Agardámosvos o vindeiro curso na IV edición!!!

 

Distribuir contido