Skip to Content

III SEMANA DA CIENCIA: PRESENTACIÓN DOS PROXECTOS

Venres 7 de abril de 2017

Esta mañá tiveron lugar as exposicións orais dos proxectos científicos elaborados polo alumnado (en colaboración coas súas familias).

Ano tras ano, o nivel vai en aumento e cada vez resulta máis difícil elixir aos gañadores/as.

Nesta ocasión houbo 10 participacións, 8 na categoría de experimentos  e 2 na de inventos/aparellos mecánicos.

Unha vez rematadas as exposicións e feita a deliberación do xurado, os gañadores/as foron:

MELLOR EXPERIMENTO: MATEO PORTA (4.º EP)

"Apagar unha vela sen soprar"

 MELLOR INVENTO: DANIELA REQUEJO (4.º EP)

"Proxector"

 

 Parabéns a todos os participantes!!!

 Clicade nas fotografías para ver a xornada completa.

 

Agardámosvos o vindeiro curso na IV edición!!!

 



page | by Dr. Radut