Skip to Content

Aliménta-T ben

Alimentación na arte

                                                                                 Martes 2 de xuño de 2020

Ola a todos/as!!!

Que tal pola fase 2??? Pronto acaba e volveremos á normalidade!

Sabedes que imos celebrar a semana da arte verdade??? Sabedes que na arte tamén hai alimentos???

Botádelle un ollito á actividade da semana da arte: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnantes/node/1857

Propóñovos que para actividade da semana da arte, utilicedes ou parodiedes cadros con alimentos da nosa contorna.

Se tedes algunha dúbida sobre como facelo, preguntádeme. O meu correo é: quinto.ceipnantes@gmail.com

Unha aperta enorme e moito ánimo a todos/as!

 

Alimentámonos ben durante o confinamento

                                                                                                 Luns 27 de abril de 2020

Ola a todos/as!!!

Ímosvos propoñer unha actividade relacionada con este proxecto!

Deberedes facer unha receita de cociña dun prato saudabre durante estes días de confinamento derivado da crise do COVID-19.

Premendo neste enlace poderedes ver un esquema sobre como se fai unha receita de cociña: https://drive.google.com/file/d/17-HTd-O_RrOeUygVWdf_ywI2H_LzBINe/view?usp=sharing

Se tedes algunha dúbida sobre como facelo ou preguntarme se o prato é saudabre. O meu correo é: quinto.ceipnantes@gmail.com

Unha aperta enorme e moito ánimo a todos/as!

 

MERENDAS SAUDABLES

Setembro de 2020

PROPOSTA DIRIXIDA A TODO O ALUMNADO

DO COLEXIO

COA INTENCIÓN DE FOMENTAR NOS NOSOS ALUMNOS/AS UNHA ALIMENTACIÓN SA E EQUILIBRADA, PROPOÑEMOS UN MENÚ DIARIO DE MERENDAS QUE AXUDARÁN A MELLORAR OS SEUS HÁBITOS ALIMENTICIOS.

SEN A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS É IMPOSIBLE ACADAR ESTE OBXECTIVO, POLO QUE PREGAMOS QUE CUMPRAN O MENÚ ESTABLECIDO:


CONTAMOS CONVOSCO.

MOITAS GRAZAS !!!

 

ALMORZO SAUDABLE

Xuño 2018

Este martes, día 19 de xuño do 2018, no CEIP Plurilingüe Nantes organizamos un ALMORZO SAUDABLE no que participaron os nenos e as nenas na compaña das familias e dos mestres e das mestras. Había froita, leite, froitos secos, pan, café, cacao, tomate, auga, aceite, iogur, pavo... DELICIOSO!

Moitas gracias pola asistencia e a colaboración!

 

3.ª SEMANA DE DISTRIBUCIÓN DE FROITA FRESCA E OBRADOIROS DE COCIÑA

Do 22 ao 26 de maio de 2017

3.ª SEMANA DE DISTRIBUCIÓN DE FROITA FRESCA  E  OBRADOIROS DE COCIÑA:

                 

     As froitas que os alumnos e alumnas de Infantil e Primaria degustaron nas merendas do recreo durante este 3.º período da Campaña de distribución de froita fresca foron as seguintes:

Luns 22: sandía.

Martes 23: melón.

Mércores 24: plátano.

Xoves 25: mazá.

Venres 26: mandarina.

   Ademais, o alumnado e titoras de 3.º e 4.º de Primaria elaboraron un día desa semana un batido de froitas que despois tomaron todos/as xuntos/as.

Velaquí tedes unha pequena mostra.

 

OBRADOIRO "PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA"

  Luns 3 de abril de 2017

OBRADOIROS "PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA"

Esta mañá contamos no noso colexio coa presenza de dúas "Profesoras da alimentación e nutrición saudable".

Con estas monitoras averiguamos distintas cousas sobre os produtos do mar que se poden tomar en conserva, as súas propiedades para a nosa saúde, os pasos no proceso de manufacturación dalgúns deles (como os mexillóns, o polbo...) dende que se pescan e collen no mar ata que se comercializan nas tendas en envases como latas, sobres especiais nos que se conservan "ao vacío", etc.

Todos estes produtos en conserva podemos incorporalos aos nosos bocatas en combinacións alucinantes e moi deliciosas. Nós, despois das actividades, tivemos a oportunidade de elixir os produtos (sardiñas, chocos, mexillóns, queixo, leituga, tomate...) cos que queriamos que nos prepararan o bocata que posteriormente degustamos durante o recreo.

Animádevos a preparalos tamén nas vosas casas. Tedes unha chea de suxerencias nos folletos que vos entregamos. Todos os bocadillos están boíííísimos!!!Canso

 (Clicade nas fotografías para acceder á galería completa)

 

SAÍDA A PORTONOVO : "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"

  Venres, 24 de marzo de 2017

SAÍDA A PORTONOVO NO PROXECTO "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"

                                               

Unha das actividades que facemos no noso colexio dentro do proxecto "O sabor da aventura está no mar" é  realizar unha saída programada ao porto e lonxa dunha das localidades da zona. A través dela podemos coñecer e aprender máis sobre a actividade pesqueira e o marisqueo, os produtos do mar e a importancia do seu consumo para a nosa saúde, á vez que nos sensibilizamos co coidado e respecto do mar.

Dende hai moito tempo desexabamos poder facer esta visita a un lugar moi pretiño a nós e que pertence á nosa contorna: Portonovo.

Como o alumnado de Infantil e 1.º e 2.º de Primaria xa foran ao Grove no mes de outubro, desta vez tocounos ao alumnado e profesorado de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Primaria ter a oportunidade de ir ata Portonovo para coñecer a lonxa, o porto, a actividade das redeiras, a Praza de Abastos e a Casa Mariñeira de Fernando.

Na lonxa recibiunos Joselito, o Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Portonovo, quen fixo de guía durante a visita polo porto e nos contou moitíííísimas cousas interesantísimas sobre a captura de peixe, a comercialización do mesmo, o funcionamento da lonxa, a organización dos traballadores que pescan nos arredores de Portonovo, outros traballos que dependen da pesca, a historia do porto de Portonovo, etc.

A continuación, visitamos ás redeiras. Mentres estas mulleres incansables non deixaban de traballar reparando as redes, contáronnos moitos segredos sobre a súa labor e contestaron a todas as nosas preguntas moi amablemente. Sabedes que a rede máis pequena mide máis de 600 metros?? Sorprendido

Despois de visitar o porto, contando en todo momento coa guía e información que nos proporcionaban Joselito e os dous monitores que nos acompañaron, fomos á Praza de Abastos de Portonovo. Ademais de aprender a identificar moitos peixes, a distinguir o pinto da maragota, a interpretar a información que hai nas etiquetas do peixe que se vende alí e moitas outras cousas... Ana, a pescantina, deunos unhas piruletas e a dona da floraría uns globos. Que ben se portaron todos e todas con nós!! RisaInocente 

Rematamos a xornada cunha Merenda Mariñeira, a base de hamburguesas e croquetas de peixe, na Casa Mariñeira de Fernando onde tivemos ocasión de ver un vídeo sobre o choco.

Que ben o pasamos!! RisaGuay

(Podedes ver toda a xornada premendo nas fotografías)

 

2.º PERÍODO DA CAMPAÑA DE DISTRIBUCIÓN E FOMENTO DO CONSUMO DE FROITA FRESCA DO CURSO 2016-17

 marzo de 2017

2.ª SEMANA DA CAMPAÑA DE DISTRIBUCIÓN E FOMENTO DO CONSUMO DE FROITA FRESCA 2016-17:

SEMANA DO 20 AO 24 DE MARZO

Durante esta semana todo o alumnado  e profesorado do colexio tomou froita como parte da merenda do recreo. Desta vez consumimos as seguintes froitas:

-Luns: plátano.

-Martes: amorodos.

-Mércores: mazá.

-Xoves: kiwi.

-Venres: mandarina.

Ademais, o venres 24, os nenos/as e mestras de 1.º e 2.º de Primaria fixeron un obradoiro de cociña no que prepararon unhas deliciosas empanadillas de plátano e crema de cacao. Risa Preme aquí para ver.

 

EMPANADILLAS DE CREMA DE CACAO E PLÁTANO (1.º e 2.º Primaria)

Venres 24 de marzo de 2017

Neste segundo período de reparto de froita fresca, as nenas e nenos de 1.º e 2.º de Primaria fomos os encagados de elaborar unha receita con froita.

Fixemos unhas deliciosas empanadillas recheas de crema de cacao e plátano.

A elaboración é moi sinxela:

Botamos crema de cacao e plátano en cada empanadilla e pechamos cun garfo.

Pintamos con avo batido e metemos no forno a 200º.

Despois de 15 minutos... este foi o saboroso resultado!!!

Fixemos arredor de 50 e non sobrou ningunha!

 

 

2.º OBRADOIRO "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"

 

 Mércores 8 de marzo de 2017

2.ª EDICIÓN DOS OBRADOIROS "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR" NO CURSO2016-17

                                                 

       O pasado 8 de marzo realizamos no colexio, por 2.ª vez neste curso escolar, os Obradoiros de "O sabor da aventura está no mar" en dúas quendas:

- Infantil, 1.º e 2.º de Primaria, de 11:00 a 12:00 da mañá;

- e 3.º, 4.º e 5.º de Primaria, de 12:30 a 13:30 horas. O alumnado de 6.º non puido participar nos obradoiros porque esa mesma mañá asistían a un pleno no Parlamento de Galicia (en Santiago).

      No grupo de 3.º, 4.º e 5.º, ademáis de lembrar o que sabiamos e aprender cos Arroases sobre os excepcionais poderes que os produtos do mar nos proporcionan, fomos rotando por cada un dos recunchos nos que un dos nosos amigos da cuadrilla dos Arroases ("Mexillón", "Rodaballo", "Troita", "Sardiña", "Xurelo"...) nos agardaba para propoñernos un divertido xogo co que exercitar e poñer en marcha o poder que cada un deles nos proporciona se o tomamos con frecuencia:

       - No recuncho do "Rodaballo" tivemos ocasión de poñer a proba a nosa axilidade física.

       - Co noso amigo o "Mexillón" activamos a nosa intelixencia con actividades co tangram, actividades numéricas, etc.

       - Na estación do "Xurelo" activamos o noso sentido do humor e rímonos moito contando chistes entre nós.

       - Pola súa banda "Sardiña" puxo a proba a nosa forza física co levantamento de varias botellas de auga metidas nun caldeiro.

       -"Lirio" proporcionounos uns distendidos momentos de serenidade e relaxación cun plumeiro co que nos iamos facendo sutís e agradables cóxegas uns aos outros, etc, etc.

 

         Con Luis, o mariñeiro, puidemos coñecer un pouco as diferentes artes ou modalidades de pesca que empregan os barcos e, unha vez máis, insistiunos no importante que é que todos e todas (pequenos e maiores) coidemos o mar, non o contaminemos e o respectemos.

         Como podedes ver na seguinte imaxe os nenos e nenas de Educación infantil e de 1.º e 2.º de Primaria pasámolo moi ben, entre outras cousas, intentando pescar.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut