Skip to Content

Aliménta-T ben

FONDUE NO 2.º CICLO

Xoves 12 de marzo de 2015

Neste segundo período do proxecto Aliménta-T Ben, os nenos/as de 3.º e 4.º de Primaria preparamos unha rica fondue de chocolate con froita.

 

Comezamos lavando, pelando e cortando toda a froita repartida ao longo da semana: plátanos, fresas, mazás e peras.

 

Logo chegou o momento de engadir o chocolate.

 

Ñam, ñam!

(Clicando na fotografía accederedes á galería)

 

 Que rico estaba todo!!!

 

FACEMOS MACEDONIA (INFANTIL E 1.º CICLO)

Venres 6 de febreiro de 2015

Despedimos a semana elaborando unha rica macedonia de froitas con...

 

PLÁTANO, MAZÁ, PERA, FRESAS e LARANXA.

 

Os alumnos de 1.º e 2.º de Primaria fomos os encargados de cortar a froita e facer o zume.

 

 

 

 

 

 

 

 

Despois de mesturalo todo, botamos a macedonia en vasos, repartímolos entre os alumnos/as de Educación Infantil e gardamos un para cada un de nós.

 

 

 

 

 

 

 

 

Dunha forma moi sinxela, preparamos unha merenda rica e saudable.

Mirade que boa pinta!!!

(Clicade na fotografía para acceder á galería)

 

EXPLORAMOS AS FROITAS COS SENTIDOS

Xoves 5 de febreiro de 2015

Os nenos/as de 2.º comezamos o primeiro período da campaña de reparto de froita realizando diversas actividades en galego, castelán e inglés nas que os sentidos tiveron unha gran importancia.

 

PROBAMOS         TOCAMOS          VIMOS         ULIMOS ...

 

"OPEN YOUR EYES"

Despois de traballar os nomes, as cores, a forma e o tamaño das froitas en inglés xogamos a adiviñar cal faltaba en cada caso.

 

Continuamos con outro xogo consistente en descubrir varias froitas cos ollos tapados empregando unicamente o sentido do tacto e do olfacto.

 

Para ver todas as fotografías, só debedes clicar na seguinte imaxe:

 

PLAN DE CONSUMO DE FROITA NA ESCOLA 2015

Xaneiro 2015

Por segundo ano consecutivo participamos no programa de distribución de froita na escola que se realiza en colaboración co Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

 

 

A froita será repartida na hora de lecer, buscando involucrar a toda a Comunidade Educativa e concienciar da importancia de introducir a froita na dieta diaria para adquirir unha alimentación sa e equiliabrada.

Distribuirase ao longo de 3 semanas, que se corresponden cos seguintes períodos:

 

  • 1.º período: do 2 ao 6 de febreiro.

 

  • 2.º período: do 9 ao 13 de marzo.

 

  • 3.º período: do 11 ao 15 de maio.

 

 

GÚSTANOS A FROITA NA

ESCOLA!!!

 

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Xoves 8 de xaneiro de 2015

Reiniciamos as clases participando nun interesante obradoiro proposto pola Consellería do Mar pertencente ao programa Aliméntate ben do Plan Proxecta. Os seus obxectivos son dar a coñecer os productos do mar e fomentar o seu consumo entre os estudantes galegos da etapa de Educación Primaria.

 

 

 

Os protagonistas do programa sons os Arroases, unha cuadrilla de 7 nenos e nenas cun superpoder unido a unha especie mariña: sardiña, xurelo, rodaballo, mellixón, troita, lirio e pescada.

 

Coa axuda do pescador Luís, a cociñeira Mariña e a súa axudante Carmiña, deron a coñecer a importancia de comer peixe e marisco para ter unha dieta sa e equilibrada.

 

 

Hoxe desenvolvemos a 1.ª fase, un obradoiro en forma de teatro e actividades lúdicas co que nos divertimos e aprendemos moitos datos de gran utilidade.

Nuns días terá lugar a 2.ª fase. Mentres tanto podedes acceder á galería clicando na seguinte fotografía:

 

 

NON ESQUEZADES INTRODUCIR OS PRODUTOS MARIÑOS NA VOSA ALIMENTACIÓN!!!

 

CÓCTEL DE SANDÍA NO 1.º CICLO

Xa estamos a piques de rematar o proxecto "Gústanos a froita na escola", pero antes fixemos cócteles de sandía e mazá no 1.º ciclo.

Mirade que forma tan sinxela de conseguir unha bebida refrescante e saudable!!!

Cortamos a froita:

Batemos ben:

Listo!!!

 

Brindade connosco clicando na seguinte fotografía para ver toda a xornada:

 

MACEDONIA TROPICAL NO 2.º CICLO

O pasado martes 2 de xuño, os alumn@s do 2.º ciclo preparamos unha deliciosa macedonia con froitas tropicais e outras de temporada. Algunhas delas nunca as probaramos pero estaba todo riquísimo.

 

 

 

Se clicades na seguinte fotografía poderedes ver toda a elaboración!!!

 

 

MERENDA SAUDABLE NA CLASE DE 1.º

Comezamos o mes de xuño cunha merenda saudable na clase de 1.º.

Estes son os ingredientes que empregamos:

Mirade que ben mesturamos as galletas e os plátanos.

 

 

 

 

 

 

 

Esprememos e engadimos zume de laranxa.

 

Coa laranxa restante fixemos uns zumes deliciosos.

 

INVESTIGAMOS OS BENEFICIOS DA PIÑA

Xa sabedes que, no mes de maio, fixemos un mural colectivo no que cada clase debía investigar os beneficios dunha froita.

Na clase de 1.º buscamos información sobre unha das froitas máis deliciosas:

A PIÑA

O primeiro que tivemos que averiguar foi o seu nome nos tres idiomas que se imparten no colexio:

  • Galego:  PIÑA
  • Castelán:  PIÑA
  • Inglés:  PINEAPPLE

Logo, pasamos a buscar os seus beneficios. Atopamos datos moi interesantes.

Mirade que boa é a piña para a saúde!!!

 

Despois de escribir a información no cartel correspondente, xa estaba preparado para colocalo no mural "Investigando as froitas".

 

INVESTIGANDO AS FROITAS

Xa sabedes que, desde hai unhas semanas, as froitas están a converterse nas nosas merendas saudables.

Unha das actividades que realizamos en todas as clases foi unha investigación para coñecer os beneficios das distintas froitas.

Ademais de averiguar datos moi interesantes, tamén traballamos o vocabulario, pois tivemos que buscar os seus nomes nos tres idiomas impartidos no colexio: inglés, castelán e galego.

Cos datos obtidos cubrimos unha ficha e elaboramos un mural colectivo que deixa moi claro por que a froita é tan importante para a saúde.

Podedes ver o mural no corredor do 1.º ciclo de Primaria!!!

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ALIMÉNTA-T BEN!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut