Skip to Content

Aliménta-T ben

CAMPAÑA DE DISTRIBUCIÓN E CONSUMO DE FROITA FRESCA 2016-17

 

1.º PERÍODO DA CAMPAÑA DE DISTRIBUCIÓN E FOMENTO DO CONSUMO DE FROITA FRESCA

       SEMANA DO 23 AO 27 DE XANEIRO DE 2017

Durante esta semana no noso colexio levamos a cabo o 1.º período da Campaña de distribución e fomento do consumo de Froita Fresca do curso 2016-17 entre o noso alumnado.

As froitas distribuidas entre o alumnado e consumidas durante esos días foron as seguintes:

-Luns: mandarina.

-Martes: plátano.

-Mércores: mazá.

-Xoves: kiwi.

-Venres: uvas.

Para poder tomar o kiwi, o xoves facilitáronnos un curioso e bonito utensilio de plástico que tiña parte de coitelo e parte de culleriña. Adxuntámosvos unha foto desta ferramenta que tanto gustou a grandes e pequenos. 

Ademais, o alumnado de 5.º e 6.º de Primaria, coa axuda das súas profesoras titoras, fixeron no obradoiro de cociña do venres 27 dúas deliciosas Tortas de mazá e Kiwi.

 

OBRADOIROS DO PROGRAMA "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"

Mércores, 5 de outubro de 2016

OBRADOIROS "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"

       

        Sabedes quen estivo no noso colexio o pasado mércores 5 de outubro?

      ....A cuadrilla dos Arroases. Sorriso Sí, sí como volo conto!!

           

     Viñeron cunha importante misión: compartir os seus superpoderes con todos os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Nantes. Risa

         

       Pero non viñeron sós! Trouxeron tres curiosos axudantes:

         

                                                  Luís, o pescador

           

                                    Mariña, a cociñeira

                        

   ...e Balbina, a científica que falaba galego con acento francés. 

      Con Luís, Mariña e Balbina aprendemos moito sobre os especiais superpoderes de cada un dos nosos amigos Arroases: Pescada, Mexilón, Rodaballo, Troita, Sardiña, Lirio e Xurelo.

     Queres ter superpoderes coma eles? Pois xa sabes... se consumes moito peixe fresco e produtos do mar obterás todo o que precisas para ter algúns dos poderes que eles teñen.

   

        Ao final do Obradoiro déronnos moitos agasallos (contos dos Arroases, pegatinas de cada un deles, gorras, etc.) e fixémonos unha foto con eles.

(Na foto que veredes a continuación non estamos todos porque para participar nas actividades deste Obradoiro de O sabor da aventura está no mar tivemos que repartirnos en dous grupos).

      (Preme nesta fotografía para acceder á galería)

Nos días posteriores á visita dos Arroases, a maioría de nós, non todos os alumnos e alumnas, pero case, case todos, asinamos un Compromiso cos Arroases polo cal nos comprometemos a comer máis peixe e produtos frescos do mar (con máis frecuencia) e a difundir entre as nosas familias, amigos e coñecidos o bo que é para a nosa saúde incluír estes produtos nos nosos hábitos alimentarios.

Proximamente poderedes ver exposto no noso colexio o documento asinado. 

 

SAÍDA A PUNTA MOREIRA: O GROVE (Proxecto O sabor da aventura está no mar)

   Martes 27 de setembro de 2016

VISITA A PUNTA MOREIRA (O GROVE)

     (Proxecto "O sabor da aventura está no mar")

O 27 de setembro de 2016 o alumnado e profesorado de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria viaxamos a Punta Moreira (en O Grove) para aprender "in situ" moitas cousas sobre o sector productivo da pesca e marisqueo e varias curiosidades sobre algúns dos peixes e produtos mariños que habitan as nosas rías. 

-Visitamos as instalacións da Piscifactoría de rodaballo. Había moitíííísimos rodaballos de diferentes tamaños distribuidos en distintas "piscinas" segundo a súa idade e tamaño. Os monitores contáronnos moitas curiosidades sobre esta especie de peixe e a súa cría e coidados na piscifactoría.

Deixáronnos darlles de comer e procuramos non facer moito barullo para non estresalos.

- Moi preto de alí estaba o Museo de Salazón e o Museo de Pesca. Nestes lugares puidemos coñecer como antigamente se conservaban as sardiñas grazas á salgadura; puidemos ver moitos apeiros e ferramentas antigas e actuais que os mariñeiros/as e mariscadores/as empregan para faenar con diferentes artes de pesca. Mesmo había algunhas que xa están en desuso por estar prohibidas. Tamén vimos algunhas das roupas que antigamente empregaban para traballar no mar, restos de algunhas especies mariñas, algúns fósiles, algunhas barquiñas, etc.

Vimos un vídeo no que aprendemos moito sobre como se pescan algunhas especies mariñas das nosas rías como a navalla, o polbo, etc.

- Finalmente e ben provistos dos nosos mandís e gorros de cociñeiros e cociñeiras desfrutamos xuntos dunha deliciosa merenda mariñeira.

Antes de irnos todos recibimos unha gorra de "O sabor da aventura está no mar" e sorteáronse tres camisetas entre o alumnado participante na saída. Os agraciados foron: Goyo, María e André.

 

Ademais de aprender moito pasámolo moi ben no que foi unha intensa mañá. Sorriso

Días despois, xa no colexio, todos recibimos o noso diploma de participación na actividade. Guay 

Podedes ver toda a xornada premendo en calquera das

fotografías!!!

 

FRESAS CON ZUME DE LARANXA (INFANTIL, 1.º e 2.º PRIMARIA)

Mércores 11 de maio de 2016

Nesta última semana da froita, os alumnos de 1.º e 2.º de Primaria praparamos un rico almorzo saudable:

FRESAS CON ZUME DE LARANXA

A elaboración é facilísima. Botade unha ollada!

Lavamos e cortamos as fresas.

 Esprememos as laranxas.

Botamos un poco de azucre.

Servimos en vasos.

Ao rematar, repartimos a todos os nenos/as de Infantil e xuntos

desfrutamos desta deliciosa elaboración.

 Se queredes ver máis, premede nas fotografías.

 

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Luns 9 de maio de 2016

Ao longo da mañá, todos os alumnos/as do centro participamos na campaña "Ponlle as pilas o teu bocata", unha iniciativa enmarcada no Plan Proxecta "Aliméntate ben".

Está deseñada para dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas elaboradas con produtos do mar.

Se clicades na seguinte imaxe, accederedes á páxina web da campaña. Nela atoparedes unha gran variedade de información e recursos moi interesantes.

A través desta iniciativa coñecemos os beneficos dunha dieta rica e equilibrada. As especies mariñas en conserva proporciónannos toda a enerxía que precisamos para crecer sans e fortes.

Ao rematar o obradoiro preparamos os nosos bocatas. Que ricos!

Podedes ver a xornada completa clicando na fotografía.

 

LIMONADA (3.º e 4.º PRIMARIA)

Venres 15 de abril de 2016

Quen pode resistirse unha fresca limonada?

Os alumnos/as de 3.º e 4.º de Primaria puxémonos mans á obra e preparamos esta deliciosa bebida.  Mirade que elaboración tan sinxela.

1.º Esprememos os limóns.

2.º Medimos a cantidade azucre.

3.º Engadimos auga e mesturamos.

4.º Listo!!!

 Se queredes ver toda a elaboración, só tedes que clicar nas fotografías.

 

TORTA DE HOJALDRE CON FROITAS (5.º e 6.º PRIMARIA)

Venres 19 de febreiro de 2016

Neste 1.º período de reparto de froita fresca, os alumnos/as de 5.º e 6.º de Primaria preparamos unha deliciosa torta de hojaldre con froitas de tempada:

 

FRESAS          KIWIS       MANDARINAS

 

A preparación é moi sinxela. Botádelle unha ollada!!!

 

1. Cortamos as froitas:

2. Cocemos as láminas de hojaldre:

3. Preparamos e huntamos crema pasteleira, colocamos a froita e pintamos con almíbar:

 

 Este é o rico resultado final!!!

 

 Que boa pinta!!! 

 

Se queredes ver todo o proceso, premede en calquera das fotografías.

 

PLAN DE CONSUMO DE FROITA FRESCA NA ESCOLA 2016

Febreiro de 2016

Un ano máis, en colaboración co Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), participamos no programa de distribución de froita na escola, unha proposta que ten a finalidade de concienciar da importancia de introducir a froita na dieta diaria para adquirir unha alimantación sa e equilibrada.

 

 

A froita repartirase no tempo de lecer durante 3 semanas ao longo do curso. Os períodos serán os seguintes:

  • 1.º período: do 15 ao 19 de febreiro.

  • 2.º período: do 4 ao 8 de abril.

  • 3.º período: do 9 ao 13 de maio.

 

 

BATIDOS NO 3.º CICLO

Venres 15 de maio de 2015

Esta semana rematamos o último período de reparto de froita fresca deste curso.

Pero antes... os alumnos/as de 5.º e 6.º de Primaria preparamos uns ricos batidos de fresa e plátano.

 

 

 

 

 

 

 

 

Este foi o resultado...

 

ESTABAN RIQUÍSIMOS!!!

 

SAÍDA 1.º a 6.º de PRIMARIA: RUTA GUIMATUR - CAMBADOS

Luns 20 de abril de 2015

Ao longo da mañá, todo o alumnado de Educación Primaria participamos na segunda parte do progama "O sabor da aventura está no mar", unha actividade enmarcada no proxecto "Aliméntate Ben".

 

 

Consistiu nunha ruta desenvolvida por Guimatur, unha asociación cultural formada por mariscadoras e redeiras de Cambados.

 

(Premede sobre a imaxe para acceder á súa páxina web)

 

Desde a primeira hora da mañá os monitores dividíronnos en 2 grupos: os rodaballos (gorras de cor amarela) e as troitas (gorras de cor branca).

 

E... COMEZAMOS A RUTA!!!

 

En primeiro lugar visitamos a lonxa. Aí explicáronnos o seu funcionamento e simulamos unha subasta.

Moi preto estaba a nave das redeiras, onde puidemos comprobar a dureza do seu traballo.

Despois de visitar o porto, dirixímonos ao barrio de San Tomé para coñecer a arquitectura popular mariñeira.

Ao mediodía, puxemos as botas de auga e... A MARISCAR.

Canto aprendemos e que ben o pasamos!!!

Pero non rematamos aquí. Aínda nos quedaba por ver o punto de control onde fan a selección do marisco para a súa primeira venda na lonxa.

Despois da intensa mañá, degustamos unha deliciosa comida elaborada con produtos do mar.

 

FOI UNHA MAÑÁ XENIAL.

GUSTARÍANOS REPETIR A RUTA O VINDEIRO CURSO!!!

 (Se clicades en calquera das fotogafías, accederedes á galería para ver a saída completa)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut