Skip to Content

KA1 Educación Escolar

VIAXE A BOLONIA

 Martes 17 de xullo de 2018

Xa non queda nada para iniciar a nosa viaxe a Bolonia (Italia), como parte do programa europeo Erasmus+.

As profes Elena e Olalla asistiremos a un curso de formación que repercutirá en toda a Comunidade Educativa.

 O día 20 de xullo... despegamos!!!

 

Podedes seguir toda a nosa viaxe

en Instagram e Facebook.

Agardamos as vosas visitas!!!

 

APOIO DO CONCELLO AO NOSO PROXECTO ERASMUS+

Xoves 10 de maio de 2018

Esta mañá visitamos o Concello de

Sanxenxo para dar a coñecer en

profundidade o noso proxecto

ERASMUS+.

Despois da entrevista co señor

alcalde, D. Telmo Martín, contamos

co seu apoio para abrir o noso

centro a unha dimensión europea e

colaborar en futuras asociacións con

outros colexios de Europa.

 

En breve teredes máis novas!

 

DÍA DE EUROPA

Mércores 9 de maio de 2018

9 DE MAIO

DÍA DE EUROPA

O Día de Europa celebra cada 9 de maio a paz e

a unidade do continente.

QUESTIONS?

Abril 2018

Ao longo deste mes propoñémosvos o reto de ordenar as letras para formar unha pregunta axeitada para cada resposta.

Poderedes comprobar se está ben ou mal fixándovos nos símbolos verdes e vermellos.

Agardamos as vosas visitas!

 

FOOD AND DRINK

Febreiro-Marzo 2018

 

 

 

Ao longo dos meses de febreiro e marzo imos traballar o vocabulario relacionado coas comidas e bebidas.

No mural tedes as imaxes e os nomes para emparellar.

Non vos esquezades e a participaaaaaar!!!

 

ELECCIÓN DOS MESTRES/AS QUE PARTICIPARÁN NA MOBILIDADE

No mes de xullo de 2018 terá lugar unha mobilidade ao estranxeiro na que participarán 2 mestres/as do colexio.

Realizado o proceso de elección, as mestras que cumpren cos requisitos esixidos e que, polo tanto, asistirán a un curso estruturado en Bolonia (Italia) son:

  • Elena Ponte Estévez
  • Olalla Abal Moldes

MY FAVOURITE COLOUR IS...

Xaneiro 2017

Co mural deste mes queremos coñecer cales son as vosas cores favoritas.

É moi sinxelo:

  1. Pinta unha mancha da túa cor favorita.
  2. Pega as letras para formar o nome da cor en inglés.
  3. Escribe debaixo o teu nome e curso.

Na caixa atoparás todo o material necesario.

Animádevos a participar!

 

CHRISTMAS WISHES

Decembro 2017

Xa temos o segundo mural preparado!!!

 

Aproveitando a chegada do Nadal, podedes deixar os vosos desexos na árbore do novo mural. Tedes diferentes adornos na caixa para escribir o desexo en inglés. Tamén hai materias para decoralos.

Non esquezades comezar así:

I wish...

Agardamos os vosos desexos!!!

 

AUTUMN CROSSWORD

Outubro-Novembro 2017

 

Ao longo deste curso, agárdanvos uns fantásticos murais con diferentes xogos para mellorar a Competencia Lingüística en Inglés.

Xa tedes na entrada o primeiro: un encrucillado con vocabulario de outono. 

Seredes quen de resolvelo? Non dubidedes e... a xogar!!!

 

XORNADA DE FORMACIÓN INICIAL

Luns 26 e martes 27 de xuño de 2017

Os días 26 e 27 de xuño celebraranse as xornadas de formación inicial dirixida a todos os beneficiarios. Este ano terá lugar en Valladolid.

Aquí recibiremos información de gran importancia para desenvolver a nosa mobilidade e outros aspectos relacionados co proxecto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut