Skip to Content

KA1 Educación Escolar

RUMBO A EUROPA!!!

Xuño 2017

O ano pasado comezamos a nosa andaina europea con moitas dúbidas pero... cun entusiasmo enorme!

No curso 2015-2016 presentamos un proxecto europeo de mobilidade KA1 dirixido ao profesorado. Non chegamos á puntuación esixida para ser aprobado pero, lonxe de rendirnos, volvemos presentar outro proxecto este ano.

Despois dun intenso e duro traballo... temos unha gran noticia que darvos!!! O noso proxecto foi aprobado cunha valoración moi positiva.

Así, en xullo de 2018, dúas mestras do centro adicarán parte das súas vacacións a asistir a un curso de formación no estranxeiro.

O centro, a Comunidade Educativa, a localidade... vai ser partícipe do proxecto: antes, durante e despois da mobilidade. A partir do vindeiro curso, agardan moitas novidades no colexio!!!

Podedes consultar a listaxe de centros seleccionados nos documentos adxuntos. Nós estamos no posto 292.

Tamén tedes moita máis información na páxina do SEPIE. Clicade na imaxe para acceder á súa páxina web.

 

QUÉ É ERASMUS+?

Maio 2017

Trátase dun programa aprobado polo Parlamento Europeo para o período 2014-2020 que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2014.

O novo programa Erasmus+ engloba todas as iniciativas de educación formación, xuventude e deporte.

En materia educatica abarca todos os niveis: escolar, formación profesional, ensinanza superior e formación de persoas adultas.

Céntrase na aprendizaxe formal e informal máis alá das fronteiras da Unión Europea, cunha clara intención de internacionalización abríndose a terceiros países co obxectivo de mellorar as capacidades educativas e formativas.

Ten 3 accións principais:

  • KA1: mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe.
  • KA2: cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas.
  • KA3: apoio á reforma das políticas.

No noso caso, imos centrarnos na acción KA1.

En breve teredes máis novas...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut