Skip to Content

2.º OBRADOIRO "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"

 

 Mércores 8 de marzo de 2017

2.ª EDICIÓN DOS OBRADOIROS "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR" NO CURSO2016-17

                                                 

       O pasado 8 de marzo realizamos no colexio, por 2.ª vez neste curso escolar, os Obradoiros de "O sabor da aventura está no mar" en dúas quendas:

- Infantil, 1.º e 2.º de Primaria, de 11:00 a 12:00 da mañá;

- e 3.º, 4.º e 5.º de Primaria, de 12:30 a 13:30 horas. O alumnado de 6.º non puido participar nos obradoiros porque esa mesma mañá asistían a un pleno no Parlamento de Galicia (en Santiago).

      No grupo de 3.º, 4.º e 5.º, ademáis de lembrar o que sabiamos e aprender cos Arroases sobre os excepcionais poderes que os produtos do mar nos proporcionan, fomos rotando por cada un dos recunchos nos que un dos nosos amigos da cuadrilla dos Arroases ("Mexillón", "Rodaballo", "Troita", "Sardiña", "Xurelo"...) nos agardaba para propoñernos un divertido xogo co que exercitar e poñer en marcha o poder que cada un deles nos proporciona se o tomamos con frecuencia:

       - No recuncho do "Rodaballo" tivemos ocasión de poñer a proba a nosa axilidade física.

       - Co noso amigo o "Mexillón" activamos a nosa intelixencia con actividades co tangram, actividades numéricas, etc.

       - Na estación do "Xurelo" activamos o noso sentido do humor e rímonos moito contando chistes entre nós.

       - Pola súa banda "Sardiña" puxo a proba a nosa forza física co levantamento de varias botellas de auga metidas nun caldeiro.

       -"Lirio" proporcionounos uns distendidos momentos de serenidade e relaxación cun plumeiro co que nos iamos facendo sutís e agradables cóxegas uns aos outros, etc, etc.

 

         Con Luis, o mariñeiro, puidemos coñecer un pouco as diferentes artes ou modalidades de pesca que empregan os barcos e, unha vez máis, insistiunos no importante que é que todos e todas (pequenos e maiores) coidemos o mar, non o contaminemos e o respectemos.

         Como podedes ver na seguinte imaxe os nenos e nenas de Educación infantil e de 1.º e 2.º de Primaria pasámolo moi ben, entre outras cousas, intentando pescar.

 



paxina | by Dr. Radut