Skip to Content

IV SEMANA DA CIENCIA

Febreiro 2018

Xa está aquí a IV edición da Semana da Ciencia, outra fantástica oportunidade para estimular a creatividade, o emprego do galego e a interacción entre pais/nais e fillos/as.

Anímate e participa!

BASES DO CONCURSO

QUEN PODE PARTICIPAR?

  • Todos os alumnos/as do colexio en colaboración coas súas familias.

EN QUE CONSISTE?

  • Na elaboración e exposición oral, en galego, dun proxecto "científico" que pode ser un experimento, un aparello mecánico, un invento...

DATAS IMPORTANTES:

  • Data límite de presentación: venres 16 de marzo ás 10:00 h.
  • Mostra temporal de todos os traballos na entrada do colexio: do 19 ao 23 de marzo.
  • Exposición oral dos proxectos: venres 23 de marzo. Cada neno/a participante, coa axuda da súa familia (se quere ou pode), explicará aos demais en que consiste o seu proxecto científico. O idioma a empregar será o galego. No caso de presentar un aparello mecánico deberá poñelo en funcionamento.

QUE VAI PUNTUAR NA VALORACIÓN?:

1. A exposición oral:

  • Emprego do galego.
  • Expón só/con axuda.
  • Posta en escena.

2. O produto final:

  • Orixinalidade.
  • Emprego de material de refugallo.
  • Acabado.
  • Posta en funcionamento.

PREMIOS:

  • 1 premio ao mellor experimento.
  • 1 premio ao mellor invento/aparello mecánico.
  • 1 agasallo a todos/as os participantes.

 

AGARDAMOS QUE NOS SORPRENDADES CO VOSO INXENIO UN ANO MÁIS. SORTE A TOD@S!!!



paxina | by Dr. Radut