Skip to Content

XIII PREMIO DE ACTIVIDADES PLÁSTICAS

Luns 1 de xuño de 2015

XIII PREMIO DE ACTIVIDADES PLÁSTICAS

Daranse varios premios para traballos realizados polos alumnos/as nas súas actividades escolares, extraescolares e/ou domésticas.

O premio doado pola ANPA entregarase durante os actos de Fin de Curso.

BASES

  • Poderán participar todos os alumnos/as de Educación Infantil e Primaria do C.E.I.P. Plurilingüe Nantes.
  • Os traballos entregaranse no centro antes do luns 15 de xuño de 2015 ás 14:30h.
  • Os traballos poden ser de pintura (acuarela, óleo, ceras, carboncillo...), madeira, pedra, cartón, arxila, etc.
  • Valen todas as técnicas e correntes estéticas. Tamén se poden aportar traballos sobre banda deseñada (cómic).
  • Os traballos serán anónimos e irán acompañados dun sobre. Dentro irá o nome completo do alumno/a e a idade. Fóra deberá indicarse unicamente o curso.
  • Os traballos serán expostos nas dependencias do centro.
  • Os autores deberán recoller os seus traballos ao rematar o concurso. Despois do 30/06/2015 o centro non se fará responsable deles.
  • PREMIOS: haberá catro premios, un por ciclo, en Vale de librería por valor de 25 euros cada un. Os traballos que reciban premio pasarán a ser propiedade do colexio. Todos os alumnos que presenten traballos recibirán un agasallo.
  • Valorarase a orixinalidade, a presentación, o nivel de dificultade e se é ou non inédito. Terase en conta a idade dos nenos/as. Os traballos que non reflictan un esforzo de acordo á súa idade serán anulados.
  • O xurado estará formado pola directora, un mestre/a e un membro da ANPA. O fallo do xurado será inapelable.
  • Os premios daranse durante os actos de Fin de Curso.

 



page | by Dr. Radut