Skip to Content

Celebracións

DÍA DA PAZ 2016

Venres 29 de xaneiro de 2016

Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, o día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Vilencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.

No noso centro puxemos o noso graniño de area en favor da PAZ.

Este ano escribimos mensaxes nun globo xigante de helio que soltamos nun acto conxunto mentres bailamos a canción "Color favorito".

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 (Premede nas fotografías para acceder á galería)

 

Mirade o vídeo que grabamos!!!

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

Agardamos que as nosas mensaxes

cheguen moooooi lonxe.

 

NADAL 2015

Venres 18 de decembro de 2015

Un ano máis, despedimos o 1.º trimestre cun fantástico festival presentado de forma excepcional polo alumnado de 6.º curso de Primaria.

Antes de comezar recibimos a visita de Papá Noel, quen nos repartiu caramelos e nos lembrou que debemos enviarlle as cartas cos nosos desexos.

Despois de moitos ensaios, preparativos, nervios e ilusión, as actuacións saíron á perfección e toda a Comunidade Educativa puido desfrutar dunha xornada festiva na que non faltaron...

 

BAILES      PANXOLIÑAS     HUMOR

 

OBRAS TEATRAIS  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nesta ocasión, houbo unha actuación sorpresa que todos agardabamos con moita impaciencia.

As nais cantaron e bailaron unha preciosa panxoliña!!!

Ao rematar, a ANPA entregou a cesta de Nadal ao afortunado posuidor do número premiado.

Parabéns a Cándido e á súa familia.

E... non podían faltar os agasallos para os participantes e gañadores/as do concurso "As árbores de Nadal".

A solidaridade tamén estivo presente. Os alumnos/as de 6.º de Primaria entregaron ao Banco de Alimentos todas as aportacións realizadas polas familias e os mestres/as.

Desde o centro, desexámosvos...

 (Clicade en calquera fotografía para acceder á galería)

 

CLASIFICACIÓN CONCURSO DE TROMPOS

Venres 13 de novembro de 2015

Esta mañá realizamos a clasificación para o concurso de trompos intercentros que ser vai celebrar no colexio Abrente.

Como é habitual, os participantes concursaron en dúas categorías: malabarismos e escachar.

Houbo un bo nivel!!!

Os alumnos/as clasificados e que representarán ao noso centro son:

  • Hugo (3.º Primaria): escachar
  • Héctor (4.º Primaria): malabarismos
  • Álvaro (6.º Primaria): escachar
  • Antía (6.º Primaria): malabarismos

(Clicade na imaxe para ver toda a xornada)

 

MOITA SORTE A TODOS!!!

 

SAMAÍN/MAGOSTO 2015

Venres 29 de outubro de 2015

Este ano decidimos celebrar dúas das nosas festas preferidas de forma conxunta: o Samaín e o Magosto. O resultado... unha xornada fantástica na que nenos/as, familias e mestres/as desfrutamos ao máximo.

Mirade cantas actividades realizamos!!!

Comezamos a semana lendo uns terroríficos contos de medo que cada clase se encargou de inventar con moita imaxinación.

Nos seguintes días, as cabazas achegadas polas familias e as manualidades realizadas no colexio decoraron a entrada.

O venres chegou o gran día!!! Todos lucimos os nosos disfraces de bruxas, morcegos, cabazas, demos e outros seres terroríficos.

Non faltou o típico TRUCO OU TRATO?

(Clicade nas fotografías para acceder á galería do Samaín)

Por se fora pouco, logo comezou a celebración do Magosto. 

Primeiro participamos en diferentes xogos repartidos polo interior do colexio. Os nenos/as de 6.º foron os encargados de dirixilos.

E... como xa tiñamos fame, as castañas e os bocadillos de chourizo agardábannos no porche. Que ricos!!! Mirade cantas familias nos acompañaron.

Para rematar a xornada, unha vez feito o sorteo das rifas, a ANPA entregou o premio ao gañador. Parabéns á familia de Diego e Paola!!!

(Clicade nas fotografías para acceder á galería do Magosto)

 

FELIZ SAMAÍN E MAGOSTO!!!

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2015

Venres 23 de outubro de 2015

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas escolares, a Asociación Neen@s de Sanxenxo realizou varios contacontos e actividades dirixidas aos diferentes grupos do centro que serviron para concienciar da importancia de coñecer e respectar as diferenzas individuais.

Esta asociación xorde coa finalidade de dar visibilidade ás necesidades educativas especiais de nenos/as e familias e traballar para a súa integración, sensiblización e apoio.

(Preme na imaxe para coñecer máis sobre a asociación)

 Para ver as diferentes propostas clicade na seguinte fotografía:

 

FESTIVAL FIN DE CURSO 2015

Xoves 18 de xuño de 2015

A aventura deste ano chega ao final... pero antes celebramos o Festival de Fin de Curso.

Como vén sendo habitual, os nenos de 6.º de Primaria foron os encargados de presentar as diferentes actuacións. Houbo bailes, cancións, obras de teatro e un montón de sorpresas máis.

 Fixérono todos xenial!!!

 

 

Sen embargo, os momentos máis emotivos chegaron ao final. Hai 9 anos recibimos uns cativos no colexio que hoxe nos abandonan para comezar unha nova etapa no instituto.

Desexámosvos moooooita sorte!!!

 

Mais a emoción non rematou aquí, xa que os alumnos/as de 6.º nivel de Educación Infantil tamén tiveron a súa graduación.

O vindeiro curso serán nenos e nenas de Primaria!!!

 

ESTE FOI UN CURSO ESTUPENDO QUE TODOS RECORDAREMOS

PARA SEMPRE!!!

(Clicade en calquera fotografía para acceder á galería)

 

LETRAS GALEGAS 2015

Xoves 14 de maio de 2015

Ao longo desta semana, os alumnos/as das diferentes aulas estiveron a preparar uns fantásticos traballos relacionados coa vida e obra de Xosé Filgueira Valverde, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Os máis cativos encargáronse de elaborar as letras co nome e pintar a cara de Filgueira Valverde ao estilo Andy Warhol, no 1.º ciclo buscaron datos da súa biografía, no 2.º ciclo investigaron o título dalgúns dos seus libros e no 3.º ciclo escribiron un fragmento de dúas das súas obras.

Durante o proxecto lector, celebramos un pequeno acto no que cada grupo expuxo o seu traballo.

Podedes ver a exposición nas escaleiras que acceden á segunda planta ou clicando na seguinte fotografía:

 

Venres 15 de maio de 2015

Pero a celebración non rematou aquí!!!

Por segundo ano consecutivo visituonos Miro Magariños. Nesta ocasión

a abra representada foi "Merlos", unha divertida historia na que os ovos dunha parella de merlos comezan a desaparecer do niño.

Quen os levou? Volveron aparecer?

Para ver todas as fotografías clicade na seguinte:

 

LETRAS GALEGAS 2015

 

DÍA DE ROSALÍA 2015

Martes 24 de febreiro de 2015

Un ano máis, conmemoramos o Día de Rosalía con diversas actividades que nos achegaron un pouquiño máis á vida e obra desta famosa escritora galega.

Comezamos ilustrando un poema entre os diferentes cursos que expuxemos como auténticos poetas. Os traballos que realizamos quedaron moi bonitos e, para que todos desfrutemos deles, quedarán expostos no mostrador de conserxería.

 

 

Este ano, como novidade, realizamos un Concurso de Recitado no que os alumnos/as foron os participantes e catro mestras especialistas fixeron de xurado.

Había moitos nervios, pero todo saíu á perfección. Houbo un agasallo para todos os participantes e un premio para o gañador e o finalista de cada ciclo.

E... os gañadores e finalistas resultaron ser:

1.º ciclo

        • Gañador:  André (1.º Primaria)
        • Finalista:  Daniela (1.º Primaria)

 

2.º ciclo

        • Gañador:  Héctor (3.º Primaria)
        • Finalista:  Sofía (4.º Primaria)

 

3.º ciclo

        • Gañador:  David (6.º Primaria)
        • Finalista:  Yago (6.º Primaria)

 

 

Podedes ver toda a xornada clicando en calquera das fotografías.

 

ENTROIDO 2015

Venres 13 de febreiro de 2015

Hoxe celebramos unha das festas máis esperadas por todos:

O ENTROIDO


O tema elixido para este ano foi o mundo da CIENCIA FICCIÓN, así  que axiña nos puxemos mans á obra para preparar uns disfraces xeniais.

 

Educación Infantil: LUKE SKYWALKER/PRINCESA LEIA (STAR WARS)

1.º ciclo: ALIEN PIZZA PLANET (TOY STORY)

2.º ciclo: GUERREIROS ESPACIAIS

3.º ciclo: MIKE (MONSTRUOS S.A.)

 

Despois do desfile, non podían faltar os postres típicos destas datas achegados polas familias.

Estaba todo riquísimo!!!

 

Despedimos o Entroido co noso agradecemento a toda a Comunidade Educativa por facer desta festa un día de conviencia fantástico!!!

 

(Clicando en calquera fotografía podedes acceder á galería)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut