Skip to Content

Celebracións

Celebramos o Día da Bibliotecas

Outubro 2018

O equipo de biblioteca, organiza e realiza cos seus membros, contacontos para o alumnado de cada ciclo do noso centro, para celebrar o Día das Bibliotecas, como se pode ver nas seguintes fotografías.

 

 

Celebramos o 40 aniversario da Constitución Española

Decembro 2018

Este ano celebramos o 40 aniversario da Costitución Española no noso centro. O alumnado de cada curso traballa e elabora un cartel sobre os diferentes aspectos de que como era a vida, cando se aprobou a nosa Constitución, tal e como se mostra na seguinte foto.

Ademais, o alumnado de cada ciclo, viu na biblioteca un vídeo sobre dita temática.

QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

Febreiro 2019

Este xoves, día 21 de febreiro do 2019, celebramos a Carreira Solidaria coa axuda da ONG Save the Children. Foi unha xornada chea de emoción e nervios xa que o alumnado estaba moi motivado para dar o maior número de voltas posibles e así axudar ós nenos e ás nenas de Siria.

 

Parabéns polo voso esforzo e solidariedade!

Aquí vos deixamos un vídeo de recordo. Agardamos que vos guste!!!

 

sentímolo, flash non está dispoñible.


 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Xaneiro 2019

O mércores día 30 de xaneiro, conmemoramos no CEIP Plurilingüe de Nantes o Día Escolar da non Violencia e da Paz.

Realizamos a lectura dunhas verbas e fixemos un milladoiro con mensaxes relacionadas con este día tan importante. Ademais, tamén nos dou tempo a bailar todos xuntos.

FESTIVAL DE NADAL 2018

Decembro 2018

Durante o derradeiro día lectivo do primeiro trimestre, realizamos no cole un festival con actuacións variadas por parte dos nenos e das nenas do centro. Houbo panxoliñas, obras de teatro, bailes...

XXV CONCURSO INTERCENTROS DE TROMPOS

Novembro 2018

Este venres, día 30 de novembro do 2018, celebramos no centro a XXV edición do Concurso Intercentros de Trompos.

EXPOSICIÓN PINTURA - "PINTA O TROMPO"

Novembro 2018

Xa está no centro, desde este martes 27 de novembro, a exposición de pinturas sobre o xogo tradicional do trompo!

DEREITOS DA INFANCIA

Martes 20 de novembro de 2018

Desde o Equipo de Biblioteca conmemoramos o Día Universal dos Dereitos da Infancia. 

Na aula de 2.º traballamos dous dereitos fundamentais:

SAÚDE     e     EDUCACIÓN

Para que ninguén se esqueza da súa importancia, fixemos un bonito cartel.

Mirade que artistas!

A gravación para o vídeo que fixemos todos os cursos saiunos xenial.

Non dubidedes en entrar no blog da biblioteca para ver o resultado!!!

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Novembro 2018

Este venres, día 23 de Novembro do 2018, conmemoramos no centro o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cun pequeno acto onde os nenos e as nenas recordaron a importancia de valores como a igualdade de oportunidades e o respecto.

SAMAÍN E MAGOSTO

Outubro 2018

Este mércores, día 31 de outubro do 2018, celebramos no CEIP Plurilingüe Nantes o SAMAÍN e o MAGOSTO.

Son dúas celebracións moi arraigadas no noso centro. Outra vez máis, o alumnado e as súas familias impresionáronnos coas súas creacións con cabazas! Parabéns polo traballo!

Distribuir contido


by Dr. Radut