Skip to Content

Celebracións

ENTROIDO 2014!!!

O venres 28 de febreiro celebramos o Entroido. Este ano decidimos

adicalo ao mundo do "CÓMIC" e, unha vez máis, os mestr@s

puxeron en marcha toda a súa creatividade para preparar os disfraces.

 

 Os personaxes elixidos foron:

Educación Infantil: Superman e Supergirl

1.º ciclo: El Capitán Trueno

2.º ciclo: El botones Sacarino

3.º ciclo: Batman

 

Como xa é habitual, a festa deu comezo cun fantástico desfile no que os disfraces luciron ESPECTACULAAAARES!!!

E para rematar... a degustación de postres achegados polas familias. Estaba todo delicioso!!!

 

Podedes lembrar este fantástico día clicando na seguinte foto:

FELIZ ENTROIDO!!!

 

DÍA DE ROSALÍA 2014

O pasado 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía cun bonito acto conmemorativo. Todos os cursos presentaron os traballos que estiveron a preparar nas aulas os últimos días.

Os alumn@s de 6.º foron os encargados de dar comezo ao acto coa lectura da biografía de Rosalía. Logo, os demais cursos, recitaron as súas poesías e amosaron os murais realizados.

 

Non deixedes de visitar a exposición na entrada do colexio!!!

 

Tamén podedes ver os traballos clicando na seguinte fotografía:

 

PREPARANDO O ENTROIDO!!!

 

O tema elixido para o Entroido deste ano é O MUNDO DO CÓMIC. Nuns días o cole encherase de personaxes como Batman, Superman, Supergirl, El Capitán Trueno o El botones Sacarino.

 

Non vos perdades o desfile deste venres porque estamos a preparar uns disfraces preciosos!!!

 

O luns 24 de febreiro comezamos as celebracións, así que lembrade vir vestidos da seguinte forma:

Luns 24 : sombreiro

Martes 25: garavata

Mércores 26: peluca

Xoves 27: cara pintada

Venres 28: desfile

 

A continuación, déixovos algúns recursos sobre o Entroido que xenerosamente comparten compañeiros doutros coles. Aprendede e desfrutade con eles!!!

 

PÁXINAS DE INTERESE

 

Ampla escolma de actividades de Entroido recompiladas pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística

 

 

Casa de tol@s: blog de Belén Junquera cunha morea de recursos para traballar o Entroido

 

 Web de Norberto: moitos recursos

 

 Secretaría Xeral de Política Lingüística

 

Os Trebóns: capítulo 23 "O Entroido"

 

ACTIVIDADES MULTIMEDIA

 

 Proposta para Educación Infantil

 Fai o teu disfraz

Fai o teu disfraz

LIM: os disfraces de Kitty

LIM: os disfraces de Kitty

LIM colaborativo

LIM colaborativo sobre o Entroido

Máscaras Vedoque

Fai máscaras on-line con Vedoque

 

 ACTIVIDADES PLÁSTICAS

 

Máscaras para pintar

Debuxos de Entroido

Debuxos, maquillaxes...

 

 RECEITAS DE ENTROIDO

 

Sobremesas

Máis receitas

 

RECURSOS PARA O DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, data que coincide co nacemento desta famosa escritora galega.

Ao longo desta semana prepararemos diferentes traballos en todas as aulas para realizar un pequeno acto o vindeiro luns.

Non dubidedes en clicar nos seguintes enlaces para acceder a actividades e moitos máis recursos que vos axudarán a coñecer mellor a biografía e a obra de Rosalía:

C.E.I.P. Nosa Sra de Xuvencos

biblioBN

RAIOTECA

Wikipedia

 

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ 2014

Como ben sabedes, o día 30 de xaneiro conmemórase o Día Mundial da Paz, así que no colexio non podiamos deixar de celebrar este día.

Ao longo dos últimos días realizamos broches con pombas e símbolos da Paz, ademais dun fermoso mural colectivo con diferentes elementos de reciclaxe: flores con xornais, tapóns, espirais de papel, botóns e rolos de papel de cociña pintados.

Quedou fantástico!!! 

Non deixedes de ver toda a galería clicando na seguinte foto:

Mural Paz 2014

Para rematar a xornada, cantamos e bailamos a canción "Color esperanza" de Diego Torres.

Botádelle unha ollada ao vídeo que grabamos:

sentímolo, flash non está dispoñible.

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ 2014

Este ano queremos celebrar o Día da Paz "pintando as caras" de...

                                  COLOR ESPERANZA!!!

Ide afinando a voz porque o xoves cantaremos esta fermosa canción de Diego Torres.

Aquí tedes o vídeo coa letra para que vaiades ensaiando.

 

 

 

Desde o Equipo TIC propoñémosvos unha escolma de actividades interactivas atopadas pola rede, para empregar na aula ou na casa co gallo do Día da paz: páxinas de información xeral, LIM, xogos, actividades plásticas, etc.

Botade unha ollada clicando nas imaxes!

SEMINARIO GALEGO POLA PAZ

 

Actiludis

ACTILUDIS: páxina con recursos variados

 

Xunta de Castela e León

WEB DA XUNTA DE CASTELA E LEÓN CON MOITOS RECURSOS

 

Orientación Andújar

ORIENTACIÓN ANDÚJAR ofrécenos máis recursos

 

Debuxos

MOITOS DEBUXOS E IDEAS

 

LIM

LIM (Belén Junquera)

 

Unicef

UNICEF: xogos variados

NADAL 2013

Como remate do 1.º trimestre, o día 20 de decembro celebramos o Festival de Nadal, pero antes de dar comezo recibimos a visita Papá Noel.

Tivemos un programa moi completo, coas seguintes actuacións:

  1. Los cuentos van al portal (teatro) - 5.º e 6.º E.I. e 1.º E.P.
  2. Mis saludos para el niño - 2.º E.P.
  3. All I want for Christmas is you - 3.º e 4.º E.P.
  4. Excursión a Belén (teatro) - 4.º E.P.
  5. Gatatumba - 3.º e 4.º E.P.
  6. Es Navidad - 4.º E.I.
  7. La orquesta original - 1.º E.P.
  8. Chiquitín - 1.º e 2.º E.P.
  9. El Tamborilero - 6.º E.P.
  10. Tan, tan, van polo deserto - 3.º E.P.
  11. Rudolph the red nose reindeer - 1.º e 2.º E.P.
  12. Baile - 6.º E.P.
  13. Last Christmas - 5.º e 6.º E.P.

Ao rematar as actuacións fixemos a entrega da cesta de Nadal sorteada pola A.N.P.A. O afortunado deste ano foi o pai de Amaranta, de 6.º curso.

Por último, entregamos os agasallos a todos os participantes no concurso das árbores de Nadal e os premios ás 4 gañadoras:

  • Lúa (4.º E.I.)
  • Carla R. (5.º E.I.)                           
  • Daniela (6.º E.I.)
  • Alba (6.º E.P.)

PARABÉNS!

Por certo, Os Reis Magos tamén visitaron o cole!!! David M., de 5.º curso de Primaria, resultou finalista no concurso de postais de Nadal do Concello de Sanxenxo. Seguro que o pasa xenial na cabalgata!!!

 

Os mestres do C.E.I.P. Plurilingüe Nantes desexan un Feliz Nadal e un próspero Aninovo a toda a Comunidade Educativa.

 

Se queres acceder á galería e ver todas as fotografías clica na seguinte imaxe:

MAGOSTO 2013

O venres 15 de novembro celebramos o Magosto no colexio. Como vén sendo habitual contamos coa compañía e a colaboración das familias.

Ao longo da semana, os nenos e nenas de todas as clases elaboraron os envases para botar as castañas. Houbo moitos modelos diferentes pero todos quedaron fantásticos!

As castañas e os chourizos estaban boísimos. Non si?

 Clica sobre o cartel para ver as fotografías.

 Grazas á A.N.P.A. por colaborar unha vez máis.

SAMAÍN 2013

Coa chegada do Samaín, o cole encheuse de morcegos, pantasmas, tumbas, castelos e moitos máis adornos terroríficos.

Que medo!!!

As cabazas que trouxeron os nen@s para a exposición foron xeniais. Grazas a todas as familias pola súa colaboración.

Para ver as fotos clica na seguinte imaxe:

ANXO MOURE VISITA O COLEXIO

Como ben sabedes o 24 de outubro conmemórase o Día Internacional das BibliotecasPor este motivo, o día 25 recibimos unha visita moi especial na Biblioteca de Sorpresiña.
 
 
Anxo Moure, autor do conto O carballo con botas, fixo as delicias de todo o alumnado e do profesorado grazas á maxia dos seus contos solidarios. 
Imaxinación, alegría e preciosas historias serviron para transmitir o amor pola natureza e a necesidade de respectar o mundo que nos rodea.
 
 
 
 
Coñece mellor a Anxo Moure entrando nos seguintes enlaces:
 
 
 
 
 
Clica na imaxe para ver as fotografías deste fantástico día.
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut