Skip to Content

Celebracións

DÍA DA PAZ 2017

Luns 30 de xaneiro de 2017

Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, o 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.

Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a Paz.

No colexio conmemoramos este día con varias actividades.

Elaboramos un bonito mural que se pode ver na parede da entrada.

As alumnas e alumnos de 6.º de Primaria leron frases célebres en favor da Paz e a Non Violencia.

Por último, caracterizados coas nosas máscaras en forma de pomba, grabamos un vídeo coa canción "Un beso Redondo" da cantante Conchita.

   En breve poderedes ver o vídeo!

(Clicade nas fotografías para acceder á galería)

 

 

FESTIVAL DE NADAL 2016

Mércores 21 de decembro de 2016

Como todos os anos por estas datas, despedimos o 1.º trimestre cun fantástico festival cheo de actuacións. Este ano estivo adicado ás panxoliñas típicas das distintas Comunidades Autónomas españolas:

  • Educación Infantil: Galicia.
  • 1.º Primaria: Andalucía.
  • 2.º Primaria: País Vasco.
  • 3.º Primaria: Cataluña.
  • 4.º Primaria: Valencia.
  • 5.º Primaria: Madrid.
  • 6.º Primaria: Aragón.

Comezamos coas tradicionais festas de aula.

tarta de nadal feita no cole(Biscoito elaborado pola mamá de Natasha para a festa de aula de 5.º de Primaria)

Continuamos coa visita de Papá Noel.

Papa Noel repartindo agasallos a infantilChegaron as actuacións do festival.

actuacción das árbores de nadal

baile dos de 6º de orimaria

E rematamos coa entrega dos premios do III Concurso de Fotografía Dixital (clicade aquí para ver) e os do Concurso das Árbores de Nadal (clicade aquí para ver).

Clicade nas fotografías para acceder á galería.

FELIZ NADAL!!!

 

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Venres 25 de novembro de 2016

Cada 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que non só busca crear conciencia sobre este tema, senon que tamén trata de impulsar iniciativas para erradicala a nivel mundial.

Desde o C.E.I.P. Plurilingüe Nantes rexeitamos calquera tipo de violencia, polo que nos sumamos a este movemento coa elaboración dun mural e unha concentración a modo de repulsa. O alumnado de 5.º de Primaria foi o encargado de elaborar e ler un manifesto.

Aquí tedes unha mostra da nosa iniciativa!

concentración do alumnado de nantes contra a violencia de xénero

 

 

CONCURSO DE TROMPOS INTERCENTROS 2016

Venres 25 de novembro de 2016

Este ano, o concurso de trompos intercentros celebrouse no colexio de Portonovo. Os nosos representantes foron:

  • Alberto e Joaquín (1.º Primaria)
  • Hugo (4.º Primaria)
  • Álex e Héctor (5.º Primaria)

Despois dunha divertida xornada de convivemcia, Hugo e Héctor fixéronse con varios premios.

participantes no concurso de buxainas

Parabéns a todos/as os participantes e... a seguir practicando este bonito xogo popular!

 

SAMAÍN, MAGOSTO E TROMPOS 2016

Venres 28 de outubro de 2016

O 28 de outubro foi unha xornada chea de emocións no noso colexio!!

Celebramos o Samaín e o Magosto, dúas festas moi arraigadas e queridas na nosa zona.

Un ano máis, realizamos a exposición de cabazas decoradas achegadas polas familias. Canta imaxinación!

Logo chegou o momento de degustar as castañas e os bocadillos de chourizo. Que rico estaba todo!

Tamén tivo lugar a clasificación para o concurso de trompos intercentros que, este ano, se celebrará no colexio de Portonovo. Os representantes do noso centro serán:

Alberto (1.º E.P.)

Joaquín (1.º E.P.)

Hugo (4.º E.P.)

Álex (5.º E.P.)

Héctor (5.º E.P.)

 

MOITA SORTE A TODOS!!!!

 

Clicade nas fotografías para acceder á galería

 

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Martes 21 de xuño de 2016

Despois dun ano cheo de actividades e moitas emocións... chega o momento de dicir adeus.

Hoxe celebramos o festival de fin de curso, que novamente estivo presentado de maneira excepcional polos nenos e nenas de 6.º curso de Primaria.

Houbo:

BAILES           OBRAS DE TEATRO           CANCIÓNS          MÍMICA...

 

 

 

 

 

 

 

 

Ao rematar as actuacións chegaron os momentos máis difíciles. AS DESPEDIDAS!!!

Toca dicir adeus aos nenos e nenas de 6.º de Primaria. Moita sorte na viaxe que comezades en setembro!!!

Os cativos/as de 6 anos despedíronse da etapa de Infantil para iniciar unha nova aventura en Primaria.

E por último chegou a despedida da profe Flora. Imos botarte moito de menos pero desexamos que sexas moi feliz no teu novo colexio.

Despois de tanta emoción, puxemos punto e final coa entrega de premios aos gañadores do Concurso de Actividades Plásticas e Redacción, e os diplomas aos integrantes do clube de lectura.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CANTOS RECORDOS NOS LEVAMOS!!!

 

Todo o claustro de mestres/as desexamos que

pasedes uns vacacións fantásticas e

agardámosvos cos brazos moooooi abertos en

setembro.

 

(Para acceder á galería, premede nas fotografías)

 

LETRAS GALEGAS 2016: XAQUÍN XESTEIRA

Luns 23 de maio de 2016

   Este ano, conmemoramos o Día das Letras 

   Galegas cun concerto didáctico impartido por

   Xaquín Xesteira (membro fundador do grupo

   Treixadura) e os seus fillos Roi e Anxo.

 

 

 

A través desta actividade coñecemos os nomes de moitos instrumentos, os materiais cos que están construídos, a súa orixe, a clase á que pertencen... todo nun ambiente lúdico e festivo, que desfrutamos en compañía das familias.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O fin de festa foi todo un espectáculo. Non vos perdades o vídeo!!!

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

Desde o colexio queremos amosar o noso

agradecemento a Xaquín e aos seus fillos.

Agardamos volver desfrutar de todo o seu

talento noutra ocasión.

 

Podedes acceder á galería premendo en calquera das fotografías.

 

DÍA DE ROSALÍA 2016

Venres 26 de febreiro de 2016

Como ben sabedes, o día 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro.

Un ano máis, preparamos unha serie de actividades que desenvolvemos ao longo da xornada do venres.

Comezamos co tradicional concurso de recitado.

Estes foron os valentes poetas que se presentaron!!!

Despois dunha difícil deliberación do xurado, os gañadores foron:

André (2.º Primaria)

Cándido (5.º Primaria)

Álvaro (6.º Primaria)

 

 

PARABÉNS!!!

 

Cantamos "Adios, ríos; adios, fontes;", seguindo un vídeo con pictogramas.

Rematamos a conmemoración colocando os carteis que elaboramos en cada clase para formar o famoso poema "Adios, ríos; adios fontes;".

Se queredes ver toda a xornada, só tedes que clicar en calquera das

fotografías.

 

II CONCURSO DE RECITADO DE POEMAS DE ROSALÍA

Mércores 17 de febreiro de 2016

Un ano máis, conmemoraremos o Día de Rosalía co Concurso de Recitado de Poemas desta famosa escritora galega.

 

 

Haberá un premio para o gañador e outro para o finalista.

Os que desexades participar, debedes comunicarllo ao voso titor/a o antes posible.

Valorarase:

  • A escenografía usada.
  • A entonación.
  • A representación do poema.

 

Moita sorte a todos!!!

 

ENTROIDO 2016

Venres 5 de febreiro de 2016

Unha das festas máis esperadas por todos é...

 

O  ENTROIDO

O tema elixido para este ano foi os "Animais do zoo", así que unha vez máis os mestres/as puxeron en marcha toda a súa imaxinación para deseñar uns disfraces xeniais.

 

Mirade o resultado!!!

 

Infantil 3/4 anos: LEÓNS                          Infantil 5 anos: LEÓNS

1.º Primaria: PINGÜÍNS                           2.º Primaria: TIGRES

3.º Primaria: CROCODILOS                         4.º Primaria: XIRAFAS

5.º Primaria: LEOPARDOS                         6.º Primaria: OSOS PANDA

 

Despois de desfile, chegou a tradicional degustación de postres achegados polas familias.

 

Grazas a todos por compatir connosco este

fantástico día!!!

 

Clicando en calquera fotografía, podedes acceder á galería para ver a xornada completa.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut