Skip to Content

Celebracións

DÍA DA PAZ 2015

Venres 30 de xaneiro de 2015

Un ano máis conmemoramos o Día Escolar da Non-Violencia e a Paz con varias actividades. 

 

En primeiro lugar un neno/a de cada curso leu unha mensaxe sobre a Paz que realizamos de forma colectiva en todos os grupos.

 

 

Logo cantamos a canción de Juanes "PAZ, PAZ, PAZ". Mirade que letra tan apropiada para celebrar este día:

 

Somos la nueva semilla del futuro, de la vida

somos los niños que cantan por la paz y la esperanza.

Somos la nueva semilla del futuro, de la vida

somos los niños que cantan por la paz y la esperanza

 

Dame la mano, vamos todos a soñar con la paz

Dame la mano, vamos todos a soñar con la paz

 

¡Paz, paz, paz, paz, paz, paz, paz!

¡Paz, paz, paz, paz, paz, paz, paz!

 

 

Pero o mellor chegou ao final!!! 3 globos xigantes de helio convertéronse na sorpresa da xornada. Neles colgamos as nosas mensaxes e lánzamolos ao aire. Esperamos que cheguen moi lonxe e que alguén as encontre e se poña en contacto conosco.

 

 (Clicade sobre calquera das fotografías para ir á galería)

 

 

FESTIVAL DE NADAL 2014

Venres 19 de decembro de 2014

 

Despois de moitos nervios, ensaios e unha gran cantidade de ilusión, despedimos o primeiro trimestre cun fantástico festival de Nadal presentado de forma admirable polo alumnado de 6.º curso de Primaria.

Toda a Comunidade Educativa puidemos desfrutar dunha xornada festiva na que non faltaron...

 

PANXOLIÑAS       BAILES  

      REPRESENTACIÓNS     OBRAS DE TEATRO

 

Ao rematar, os gañadores e todos os participantes no concurso das árbores de Nadal recibiron os seus agasallos.

 

Se clicades na seguinte imaxe poderedes ver ou descargar as fotografías que realizamos.

 

Todo o profesorado desexámosvos:

Vémonos no...

 

CONCURSO DE TROMPOS 2014

Mércores 26 de novembro de 2014

Un ano máis participamos no curso de trompos intercentros. Nesta ocasión, o C.E.I.P. Cruceiro foi o encargado de organizar o concurso e de recibir a todos os participantes.

A nosa representación estivo formada por: Hugo (2.º), Héctor (3.º), Álvaro (5.º) e Víctor (6.º).

Había moita competencia, pero non se lle deu mal a mañá aos nosos alumnos. Héctor conseguiu 2 trofeos!!!

A EXPERIENCIA RESULTOU FANTÁSTICA E TODOS DEMOSTRARON QUE SABEN COMPETIR DEPORTIVAMENTE.

 

MAGOSTO 2014

14 de novembro de 2014

O venres 14 de novembro celebramos o Magosto. Este ano, por mor do tempo, organizamos uns fantásticos xogos no interior do colexio dirixidos extraordinariamente polo alumnado de 6.º de Primaria.

Pasámolo en grande!!!

Pero... despois de tanto xogo tiñamos fame. As castañas e os chourizos xa estaban asados. Mirade que boa pinta!!!

Para acceder á galería e lembrar esta xornada de convivencia de toda a Comunidade Escolar, só tedes que clicar na seguinte fotografía:

 

GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN!!!

 

SAMAÍN 2014

30 de outubro de 2014

O SAMAÍN CHEGOU...

E A TODOS ASUSTOU!!!

 

O xoves 30 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Un ano máis decoramos a entrada coas fantásticas cabazas que os alumnos/as trouxeron decoradas das súas casas e coas manualidades que realizamos nas aulas.

 

Houbo moitos disfraces e chucherías terroríficas para todos!!!

 

Podedes acceder á galería clicando na seguinte fotografía:

HAPPY HALLOWEEN!!!

MANUEL SOLLA VISITA O NOSO CENTRO!!!

Como ben sabedes, o día 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas.

 

Este ano contamos coa visita de Manuel Solla, un dinamizador cultural que nos animou a mañá con fantásticas historias.

 

 

Botádelle unha ollada á galería clicando nas seguintes fotografías:

Agardamos as vosas visitas na Biblioteca!!!

 

FESTIVAL FIN DE CURSO 2014

POÑEMOS FIN A UN CURSO CHEO DE NOVIDADES, EMOCIÓNS E GRANDES MOMENTOS!!!

O festival foi unha boa mostra de todo elo. Unha vez máis os nen@s de 6.º de Primaria foron os encargados de presentalo. Este ano, ao igual que os anteriores, houbo unha gran variedade de actuacións: bailes, cancións en inglés, obras de teatro, contos musicados... e moitos máis.

Pero... os momentos máis emotivos, como non podía ser menos, agardábannos ao final.

Despois de 9 anos no colexio, chegou o momento da despedida do alumnado de 6.º curso de Primaria. Alá polo ano 2005 recibimos uns cativos de 3 anos que hoxe despedimos sendo adolescentes. Esperamos que lles vaia moi ben no Instituto e veñan visitarnos de cando en vez.

MOOOOOITA SORTE A TOD@S!!!

Mais... non rematamos aquí. Os nenos e nenas de 6.º curso de Educación Infantil tamén tiveron a súa graduación. Xa son maiores e o curso que vén verémolos en Primaria!!!

REMATA UNHA ETAPA E COMEZA OUTRA, PERO QUE DIFÍCIL É DICIR ADEUS NALGUNHAS OCASIÓNS!!!

Antes de finalizar, entregamos os agasallos ao alumnado que participou nos concursos de redacción e artes plásticas e os premios aos mellores traballos.

O broche final foi un fermoso vídeo, elaborado por María González, que recolle en imaxes os 25 anos do colexio. Un remate de luxo!!!

 

Para lembrar este día tan especial só tedes que premer en calquera das dúas imaxes.

 

GRAZAS POR TODA A COLABORACIÓN E ATA O CURSO QUE VÉN!!!

FOTOS DA ACTUACIÓN DA COMPAÑÍA MIRO MAGARIÑOS

O venres 16 de maio, a Compañía Miro Magariños fixo as

delicias de toda a comunidade educativa coa representación da obra

"Os xigantes"

Nela, un mestre carpinteiro e o seu axudante, Pucho, comezan a súa

xornada de traballo na carpintería, pero non vai ser unha xornada nada

tranquila...

Foi unha obra divertidísima, cunha música e unha posta en escena

fantásticas!!!

Podedes botarlle unha ollada ás fotos e a dous pequenos vídeos que

grabamos:

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

LETRAS GALEGAS 2014: ACTUACIÓN DE MIRO MAGARIÑOS

Este ano, o Día das Letras Galegas está adicado a:

 

Xosé María Díaz Castro

poeta, profesor e tradutor que contribuíu á difusión da linga galega.

Nas seguintes ligazóns tedes moitos recursos e materiais cos que poderedes coñecer mellor ao autor homenaxeado:

 

Para conmemorar o Día das Letras Galegas no colexio, contaremos coa actuación de...

Miro Magariños

un coñecido actor galego que traballou en series con tanta sona como "Libro de familia" ou "Mareas vivas".

O venres 16 de maio, ás 12:30h, Miro visitará o noso centro para representar a obra:

"Os xigantes"

Trátase dun divertido espectáculo baseado no conto Os xigantes de nunca acabar, de Xoán Babarro e Ana Mª Fernández.

 

ESTADES TODOS INVITADOS!!!

 

Se queredes saber máis sobre Miro Magariños e a súa compañía só tedes que clicar na seguinte imaxe:

 

DÍA DO LIBRO 2014

Como ben sabedes, o 23 de abril conmemórase o Día do Libro. Este ano, desde o Equipo de Biblioteca propuxéronnos varias actividades relacionadas co mundo do cómic.

A primeira delas foi un concurso individual consistente na elaboración dun cómic.

Nos vindeiros días daranse a coñecer os gañadores/as, así que estade atentos!!!

Na segunda tiñamos que investigar sobre un personaxe de cómic e elaborar un póster coa información máis salientable.

Queredes saber cales foron os personaxes elixidos? Pois aí vai a listaxe:

  • Educación Infantil:  MAFALDA e amigos
  • 1.º Primaria:  SPIDERMAN e amigos
  • 2.º Primaria:  CAPITÁN TRUENO e amigos
  • 3.º Primaria:  ASTÉRIX E OBÉLIX e amigos
  • 4.º Primaria:  SUPERMAN e amigos
  • 5.º Primaria:  MORTADELO E FILEMÓN e amigos
  • 6.º Primaria: OS CATRO FANTÁSTICOS e amigos

Cada curso encargouse de presentar os seus traballos. Durante un tempo estarán expostos nos paneis da entrada do colexio. Non deixedes de velos!!!


Tamén podedes acceder á galería clicando na fotografía:

 

 FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut